O deporte de elite, intranquilo polo peche de Rías do Sur: "Víase vir hai tempo que isto ía ser peor que o Titanic"
Por Diego Espiño
O peche da piscina olímpica de Ponte Muíños anunciado pola concesionaria do servizo, a empresa Supera, non só afecta a usuarios, clubs e a medio milleiro de deportistas federados de clubs locais senón que supón un importante contratempo para a preparación de deportistas de elite e tecnificación, ao ser unha instalación usada por nadadores e triatletas bolseiros no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD).
Alí prepáranse deportistas internacionais como o vigués Antonio Serrat, habitual participante nas Series Mundiais de tríatlon, ou en menor medida o pontevedrés Pablo Dapena, entre outros, xunto aos grupos de tecnificación da natación e tríatlon autonómico. É por tanto unha instalación clave para a boa saúda do deporte galego, que se sacudiu coa noticia.
"Polo de súpeto a sección de natación xa se queixou de que en catro semanas ten o Campionato de España Open, que é clasificatorio para Mundial e Europeo, e que quedan sen piscina de 50. Estamos a ver posibilidades de derivalos a Ourense a adestrar, pero ten que ser algo a moi curto prazo", explica a PontevedraViva o director do CGTD, Jesús López.
O responsable do centro de tecnificación recoñece ademais que "todo o mundo chamoume para ver se tiñamos sitio no CGTD para os clubs da zona", aínda que "coa entrada da natación artística liberaramos auga na piscina mandando aos de natación a Rías do Sur para que houbese espazo, e o problema agora é que non imos ter sitio para as tres secciones á vez, vai ser un caos", sinala.
En liña similar móstrase o presidente da Federación Galega de Natación e veciño da cidade, Carlos Touriño, ao entender que é algo que "hipotécanos, mátanos, e entendo que non é sostible no tempo. Alguén se terá que facer cargo da instalación aínda que creo que xa están niso", explica en relación aos movementos que se realizaron recentemente, antes mesmo do anuncio de peche.
"Creo que a empresa está a incumprir o contrato e que o fai como medida de forza. A gran solución sería dedicar esta piscina principalmente ao deporte, aos deportistas locais e a nivel autonómico de maneira estratéxica tanto a nivel de adestramento como de competición, porque eventos nos que se poden plantar 800 persoas en Pontevedra ao Concello creo que lle interesa", incide Touriño.
En todo caso tanto o presidente federativo, coñecedor da "deriva que levaba todo", como un deportista referencia en Pontevedra como Pablo Dapena móstranse críticos coa xestión que se levou a cabo recentemente na piscina olímpica.
Para o triatleta, campión do mundo de longa distancia, "poderán botar a culpa ao gasto enerxético pero isto vén de antes. A pandemia foi un desastre, non houbo unha xestión, un mantemento, poñían trabas para poder ir", enumera. Tanto que estes meses estivo acudindo a Ponte Muíños pola reforma efectuada na piscina do CGTD pero cada vez usábaa menos.
"Gústame nadar en piscina de 50 pero non me gusta ir onde che poñen trabas, e houbo veces nas que usei neopreno para nadar e outras de beberme dúas botellas de auga do quente que estaba a piscina", revela un Dapena que como todos desexa unha pronta solución e un final feliz. "Oxalá Concello e Xunta se metesen aí, sei que non é unha cousa fácil, pero agora mesmo víase vir hai tempo que isto ía ser peor que o Titanic", conclúe un dos máximos expoñentes do deporte local.
Relacionadas:
-
Antonio Serrat perde o liderado das series mundiais cun undécimo posto en Yokohama
Por Almu Dapena |
-
A Asociación de Hoteis apoia aos clubs afectados polo peche da piscina olímpica: "Xeran un gran impacto económico"
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
Pablo Dapena, pretempada tardía en Lanzarote coa vista posta en xuño: "Non foi un inverno sinxelo, pero mereceu a pena"
Por Diego Espiño |
-
Unha cláusula permite á Fundación Rías do Sur recuperar a xestión se Supera pecha o complexo deportivo
Por Diego Espiño |
-
Supera anuncia o peche completo de Rías do Sur a partir do 1 de abril
Por Diego Espiño |
-
Supera reclama preto dun millón de euros para renunciar á súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Deportistas e usuarios de Rías do Sur concéntranse en protesta polo peche da piscina olímpica
Por Diego Espiño |
-
Os clubs que adestran en Rías do Sur intensifican a súa presión porque #LaOlímpicaNoSeCierra
Por Diego Espiño |
-
A Escola Naval e o CGTD, ao rescate dos clubs afectados polo peche de Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Supera ofrécese a negociar unha rescisión da súa concesión en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
Tino Fernández defende que "non queremos alternativas que supoñan un parche" para recuperar o servizo en Rías do Sur
Por Diego Espiño |
-
A Federación Española de Natación mostra a súa "estrañeza polo repentino peche" da piscina de Rías do Sur
Por Redacción |
-
Os populares ofrecen a súa axuda ao Concello para "reducir o impacto do peche da piscina de Rías do Sur"
Por Redacción |
-
O peche da piscina olímpica, unha decisión da concesionaria Supera a nivel nacional
Por Diego Espiño |
-
Clubs e deportistas, na estacada polo peche da piscina olímpica: "Poden chegar a desaparecer os clubs"
Por Diego Espiño |
-
As instalacións de Rías do Sur pechan temporalmente as piscinas e o spa debido aos custos enerxéticos
Por Marisa Ciordia & Anxo Lourido |