As asociacións que promovan iniciativas a favor da igualdade xa poden solicitar novas achegas da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar 108.000 euros para que asociacións e entidades sociais sen ánimo de lucro da provincia promovan proxectos e actuacións a favor da igualdade e contra as violencias machistas no 2022. A pasada semana foi a quenda dos concellos, aos que se destinaron 230.000 euros para a posta en marcha de iniciativas no mesmo ámbito.
Con esta liña de axudas, as entidades sociais poderán presentar proxectos de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero; atención integral a vítimas da violencia machista; actuacións destinadas a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e con singulares dificultades; actividades para favorecer e fomentar a igualdade entre mulleres e homes; proxectos encamiñados a mellorar a formación e a orientación para o emprendemento e a inserción laboral das mulleres; accións dirixidas a crear redes e servizos de apoio que favorezan a conciliación; e a promoción de campañas de difusión e sensibilización da cidadanía en materia de igualdade.
As entidades e asociacións sociais sen ánimo de lucro poderán presentar as súas solicitudes dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria destas bases no Boletín Oficial da Provincia.
No 2021 foron 28 as entidades sociais de 9 concellos da provincia que desenvolveron proxectos en materia de igualdade e contra as violencias machistas ao abeiro desta liña de axudas da Deputación de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Raxó Verán e Campaverán volverán nos meses de xullo e agosto
Por Redacción |
-
Agallasos para bebés coa finalidade de fomentar a educación en galego en Cuntis
Por Redacción |
-
8M | Reclaman desde Pontevedra "o máis xusto do mundo": os dereitos das mulleres
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A Deputación presenta unha extensa programación polo 8 de Marzo reclamando a paridade
Por Oskar Viéitez |