Un turismo impacta cun pequeno cabalo na PO-551 ao seu paso por Bueu
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Ao redor das 07.00 horas deste luns 14, no municipio de Bueu, rexistrábase o choque dun vehículo contra un pequeno cabalo que se atopaba na estrada PO-551. O impacto provocou a morte do animal no acto.
O condutor do vehículo resultou ileso pero un segundo turismo viuse afectado polo accidente con danos materiais, segundo informan desde o servizo de Emerxencias do 112 Galicia.
Foi necesaria a intervención dos efectivos de limpeza e mantemento debido aos numerosos restos que quedaron na calzada tras a colisión. Os xestores do 112 solicitaron a colaboración dos equipos da Axencia Galega de Infraestruturas para resolver os problemas ocasionados nunha estrada que soporta un intenso tráfico a primeiras horas da mañá.