Cuntis adhírese a un plan de axuste para afrontar a débeda con proveedores que arrastra desde o ano 2011
Por Redacción
O Concello de Cuntis tramitará a súa adhesión ao Fondo de Financiación de Entidades Locais para o ano 2022, un procedemento extraordinario habilitado polo goberno do Estado na Lei de Orzamentos para este exercicio económico obrigatorio para as entidades locais que incumpren o periodo medio de pago a proveedores situado en 30 días; situación na que se encontra Cuntis.
Segundo explicou o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, "é un mecanismo extraordinario que nos permite resolver unha situación complexa que vimos arrastrando desde o ano 2011".
"Desde o goberno local estabamos a estudar outras fórmulas para saldar esa débeda con proveedores pero este instrumento financieiro encaixa perfectamente coa nosa realidade e cremos que esta é unha decisión responsable", apunta Manuel Campos.
A decisión, adoptada este martes pola Comisión Especial de Contas e Facenda, permitirá ao Concello incluir obligacións pendentes de pago desde o ano 2011 por un importe de 608.409 euros, cantidade global da débeda de Cuntis. O goberno local incluiu xa no procedemento a todos os proveedores notificándolles a súa obriga de comprobar e conformar os datos que figuran na Plataforma das facturas pendentes.
O Concello opta así por entrar nun Plan de Axuste que permitirá á entidade local manter unha disciplina fiscal e financieira que garanta un equilibrio entre os ingresos e os gastos e que pode implicar a revisión de determinadas taxas e impostos e a aprobación de ordenanzas que regulen servizos como o de Emerxencias. Outra das medidas que asume o Concello é a imposibilidade de convocar duas prazas vacantes na plantilla municipal si o podera facer co resto das prazas.
O alcalde de Cuntis está convencido das vantaxes que esta difícil medida económica terá para minorar a débeda municipal, xa que "nos permitirá manter os servizos esenciais sen chegar ao agotamento financieiro".
O rexidor municipal matiza que o Concello mantén a capacidade de amortizar débeda e modificar as condicións do mencionado Plan, que garante ao Concello condicións como un periodo de carencia de 4 anos e un interese baixo.