O programa social 'Habilitas fogar' do Concello de Cuntis recibe unha axuda da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Cuntis unha axuda de 14.256 euros con cargo ao Plan Concellos para o desenvolvemento do programa Habilitas Fogar VII dirixido a persoas con discapacidade intelectual.
Esta aportación provincial facilita o desenvolvemento deste proxecto que os servizos sociais de Cuntis levan a cabo desde o ano 2008 en colaboración con Protección Civil e que atende a 11 usuarios do municipio.
Habilitas Fogar atende a persoas con discapacidade intelectual para mellorar o seu grado de autonomía nas distintas actividades básicas da vida diaria, potencia as capacidades das persoas participantes no seu autocoidado, fomenta o coñecemento do entorno e o uso dos recursos comunitarios.
Cuntis reactivou xa o ano pasado os seus programas integración social, Habilitas e Habilitas Fogar, trala paralización obrigada pola pandemia da Covid-19; uns meses nos que o Concello mantivo o contacto permanente cos usuarios destes programas de xeito online, mais detectouse a existencia dunha brecha dixital que dificultaba o traballo efectivo, o que levou aos Servizos Sociais a artellar unha estratexia e un protocolo de seguridade que favorecese a actividade presencial con plenas garantías.
Relacionadas:
-
Persoas con discapacidade funcional aprenden a facer compras básicas en Cuntis
Por Redacción |
-
Incorpóranse os 13 traballadores que reforzarán durante 6 meses a plantilla municipal de Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis estuda a fórmula para retomar os seus programas Habilitas para a integración de persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Cuntis aspira a ser un referente na mellora da calidade de vida e o coidado aos maiores
Por Redacción |