O TSXG permite prorrogar ata o 9 de abril a esixencia do certificado covid en hospitais e residencias
Por Redacción
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) autorizou este venres á Xunta de Galicia a que manteña a prórroga ata o 9 de abril de esixir a presentación da certificado covid-19 de vacinación, recuperación ou proba diagnóstica negativa no caso das persoas que realicen visitas a pacientes ingresados nos centros hospitalarios e sociosanitarios residenciais de maiores e de persoas con diversidade funcional de Galicia.
No auto da sección terceira da Sala do contencioso-administrativo indícase que esta medida permite o "mantemento destas actividades en situacións nas que se aprecia un incremento de risco de contaxio, polas características de especial vulnerabilidade que concorren". Recoñece que aínda que o pasaporte covid-19 non elimine completamente a posibilidade de novos contaxios, non invalida en calquera caso "a idoneidade dunha medida que permite reducir o risco.
O obxectivo do certificado, segundo os maxistrados, é diminuír a posibilidade de que unha persoa infectada contacte con non infectados e non protexidos e que lles poida transmitir a infección. Na resolución indica que a medida esta acompañada de "un esforzo da administración sanitaria no campo da vacinación, no da expedición de certificados e no aumento de probas para a detección do virus", lembrando que todas aquelas persoas que quixesen vacinarse puideron facelo.
Argumentan tamén que o informe médico presentado pola Xunta de Galicia xustifica esa obriga de presentar o certificado en determinados espazos. Indican tamén que a medida se manterá o tempo imprescindible para mellorar a situación epidemiolóxica de Galicia, "que se revisa diariamente e sométese semanalmente á consideración do comité clínico, segundo as evidencias científicas que poden xurdir", explican os maxistrados.
Relacionadas:
-
O TSXG autoriza prorrogar ata o 7 de maio maio a esixencia do certificado covid en hospitais e residencias
Por Redacción |
-
Dúas mortes máis con covid-19 na área sanitaria de Pontevedra: dous homes de 91 e 86 anos
Por Alejandro Espiño |
-
Estabilidade no número de casos activos na área: 2.532 pacientes con infección activa
Por Redacción |
-
Nova vítima mortal con covid na área sanitaria, que mantén o incremento de positivos con 114 casos máis
Por Redacción |
-
Novo día con incremento de casos activos de covid-19: 259 positivos notificados e tres pacientes ingresados máis
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Dous pacientes menos no hospital e 238 positivos máis nun día, balance da pandemia na área sanitaria
Por Redacción |