Perfecto Carballo recibirá o Premio Liberación 2022
Por Redacción
O propietario do Cine Seixo, Perfecto Carballo, será homenaxeado pola Asociación para a Defensa de Marín (Ademar) co Premio Liberación 2022.
O presidente do colectivo, Manuel Torres, foi o encargado de trasladar a decisión á concelleira Itziar Álvarez, coincidindo ambos no "idóneo do premio deste ano xa que grazas ao traballo e á paixón de Perfecto Carballo, Seixo conta cun cine cheo de historia que é parte do patrimonio inmaterial da parroquia".
A entrega do premio será o 4 de abril, coincidindo co aniversario da Liberación de Marín polas Alarmas do Morrazo.
Haberá un acto simbólico ese día no que se depositará unha coroa no monolito de Gago de Mendoza, para despois seguir cos actos no Museo.
Relacionadas:
-
Marín celebra o 213 aniversario da súa liberación e homenaxea a Perfecto Carballo, fundador do Cine Seixo
Por Redacción |
-
O Premio Liberación de Marín irá destinado ás ONGs e asociacións da vila
Por Redacción |
-
RADIO.- Xaneiro de 1943. Comeza a historia do Cine Seixo de Marín e un novo podcast en PontevedraViva Radio
Por Mónica Patxot & Marisa Ciordia |