Once bailaríns de Marín, rumbo a Florida para competir a nivel mundial
Por Redacción
Once rapaces e rapazas, todos eles bailaríns do Ballet de Galicia, viaxarán ata os Estados Unidos para competir a nivel internacional na final da Youth America Grand Prix America, un dos certames de ballet máis prestixiosos do mundo.
A proba celebrarase na cidade de Tampa, en Florida, e os bailaríns marinenses competirán en tres categorías que están a preparar con moito esforzo e ilusión.
Para que todos puidesen viaxar para participar nesta proba, o Concello de Marín deulles unha axuda de 6.600 euros, 600 euros por cada un deles, para poder custear o desprazamento.
A alcaldesa, María Ramallo, tras recibilos no salón de plenos, recomendoulles que aproveitaran unha oportunidade, "que pode que non se repita facilmente".
Os bailaríns son Lola Pazos Valdés, Ainhoa Souto Tilves, Camila Yoalí Altuve Fernandez, Uxía Fernandez Villegas, Felipe Meijueiro Gonzalez, Estela Carrajo Rivas, Noa Gil Reboredo, Iara Valle Miguez, Iria Calvar Méndez, Andrea Pazos Blanco e India Castro López.
Ao rematar o acto no salón de plenos, os máis pequenos do Ballet de Galicia ofreceron unha actuación na que deixaron claro que hai relevo e novas xeracións de bailaríns na vila.
Relacionadas:
-
O Ballet de Galicia presentará en Marín a peza coa que competirá en México
Por Redacción |
-
A Asociación de bailaríns de Marín recauda fondos para poder participar na Gran Final Mundial en Florida
Por Raquel Currás Martínez |
-
RADIO.- A Playlist de... Diego Landín, polo mundo no bico dos pés e con pasos firmes
Por Marisa Ciordia |