O Ballet de Galicia presentará en Marín a peza coa que competirá en México
Por Redacción
O Ballet de Galicia presentará en primicia en Marín a coreografía coa que se presentará ao YGP México Youth America Grand Prix, que se celebrará entre o 28 de outubro e o 1 de novembro en Córdoba (México).
A alcaldesa, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, acudiron á presentación da gala que terá lugar previamente en Marín, que será o sábado 22 de outubro ás 19.00 horas no Pavillón do Sequelo e contará coa participación do grupo de pandereteiras infantís Peis D`Hos e do grupo de mariachis Noche de Ronda.
Desde o Concello, desexáronlle moitos éxitos á formación de danza na súa participación no certame mexicano, do que terán un aperitivo na vila previamente.
Youth America Grand Prix (YAGP) é a rede global máis grande do mundo da danza. Cumpre coa súa misión de outorgar unha educación ao máis alto nivel a través de bolsas, audicións, clases maxistrais, axuda ao seu alumnado, presentacións entre iniciativas.
A súa misión é apoiar e desenvolver a bailaríns de entre 9 a 19 anos, servindo como ligazón entre mestres, estudantes, escolas, compañías, bailaríns e audiencia.
O YAGP anualmente ten un alcance de 12.000 estudantes nos talleres, audicións para bolsas, clases maxistrais en 25 cidades dos Estados Unidos e 8 sedes internacionais. Cada tempada culmínase na cidade de Nova York onde levan acabo as finais, onde máis de 1.200 dos máis destacados participantes de ao redor do mundo, reciben grandes oportunidades en bolsas e presentacións. E péchase con broche de ouro coa nosa Gala "Estrella de Hoxe e do Mañá" onde os máis destacados participantes comporten escenario con bailaríns de gran renome dentro do mundo da Danza.
Desde 1999, o YAGP deu máis de catro millóns de dólares en bolsas para as mellores escolas de danza do mundo.
Relacionadas:
-
Once bailaríns de Marín, rumbo a Florida para competir a nivel mundial
Por Redacción |
-
Oito promesas da danza pontevedresa aprenderán este verán dos mellores bailaríns do mundo
Por Redacción |
-
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e o Ballet de Galicia invitan a comezar o 2022 con Strauss
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Marín, capital europea da danza durante a primeira quincena de agosto
Por Redacción |