Loita aberta desde o campus contra as noticias falsas
Por Redacción
Máis de cincuenta estudantes do grao en Publicidade e Relacións Públicas co asesoramento da ONG Ecos do Sur poñerán en marcha un proxecto con vídeos divulgativos para recomendar á cidadanía fórmulas para detectar a desinformación e as fake news.
Entre as temáticas previstas abordarán a actual guerra en Ucraína e outros temas nos que se utilizan falsas en relación a menores non acompañados, persoas trans ou a saúde mental. Alberto Dafonte, profesor da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación é o encargado de coordinar os traballos dirixidos a unha audiencia específica centrada en colectivos que se difunden a través da rede.
Segundo recolle o DUVI, Ecos do Sur colabora neste proxecto por segundo ano. Esta ONG traballa coa inmigración e promove proxectos contra a desinformación e o discurso do odio na internet, a través da liña CibeRespect.
Os grupos participantes deberán presentar, con temática libre, catro vídeos de formato curto, destinados a redes como TikTok ou Instagran, ademais deberán elaborar unha peza en formato horizontal de maior duración para a súa difusión en plataformas como Youtube. Con esta iniciativa búscase que o alumnado analice o gran problema que provoca na actualidade a desinformación e os efectos que provoca.
En anteriores edicións, os traballos contaron moita repercusión en TikTok. Desta forma, o pasado curso unha peza sobre estereotipos asociados a trastornos mentais logrou 90.000 reproducións en poucos días, mentres que en 2020 un traballo sobre falsos mitos relacionados coa actividade sexual lograba 50.000 visitas en dúas horas.
Relacionadas:
-
Un manual achega ferramentas contra a desinformación ao alumnado de secundaria
Por Oskar Viéitez |
-
Lembran a importancia da "fiabilidade e confianza" dos medios locais fronte as fake news
Por Redacción |
-
Portas abertas para que os futuros estudantes coñezan o campus pontevedrés
Por Redacción |
-
'BuenaMente' enche o campus de actividades que poñen o foco na saúde mental
Por Redacción |
-
Carmen Lence participará nas actividades de Culturkata no Campus de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Maica Larriba destaca o labor educativo da Policía na loita contra os riscos de internet
Por Redacción |