A Xunta colaborará na urbanización da parcela do centro de estancia de Campo Lameiro
Por Redacción
A Xunta de Galicia vén de avanzar que colaborará na mellora e urbanización da parcela na que se localiza o centro de estancia de maiores de Campo Lameiro.
A concelleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse co rexedor, Carlos Costa, para coñecer as demandas e necesidades e comprometerse a apoiar o proxecto municipal.
Trátase dunha "grande oportunidade para habilitar unha zona exterior que prolongue os espazos deste equipamento social e que de seguro será empregado polos usuarios deste centro de estancia como unha sala de ocio anexa", explicou Vázquez Mejuto.
A concelleira lembrou ademais que a pandemia puxo de manifesto a "importancia de contar con espazos abertos e accesibles nos que poder facer vida", polo que esta actuación permitirá habilitar unha zona de encontro ao aire libre entre familiares e persoas usuarias do centro e mellorar a calidade de vida dos veciños.
Por ese motivo, Vázquez solicitou ao alcalde o envío do proxecto definitivo para así analizalo e determinar a vía de colaboración máis apropiada para que saia adiante.
Relacionadas:
-
Campo Lameiro abre o Centro de Estancia para albergar a Unidade de Vida Activa e Saudable
Por Redacción |
-
Crean un centro de estancia para persoas maiores en Campo Lameiro
Por Redacción |
-
O centro de maiores de Campo Lameiro estará listo en mes e medio
Por Almu Dapena |
-
Campo Lameiro comeza a construción do centro de estancia para maiores
Por Redacción |