A Deputación estima para Semana Santa unha ocupación media superior ao 60%, recuperando os niveis previos á pandemia
Por Oskar Viéitez
A falta de reservas de última hora, condicionadas polas novas formas de planificar das persoas que viaxan e tamén pola climatoloxía, a Deputación de Pontevedra estima para esta Semana Santa unha ocupación media nos establecementos turísticos da provincia superior ao 60%, con porcentaxes dez puntos superiores nos días festivos, entre xoves santo e domingo.
Novamente, as vivendas turísticas, cunha estimación de ocupación media en torno ao 80%, e os aloxamentos rurais, con preto do 70%, sitúanse ao fronte das preferencias dos viaxeiros segundo as reservas feitas ata hoxe. Con estas previsións, que poderían mellorar substancialmente dependendo do tempo, Rías Baixas recuperaría os niveis previos á pandemia e consolidaría os seus datos como destino favorito en Galicia e un dos mellores do Estado.
Aínda que neste período vacacional é frecuente que as reservas se pechen na última hora, as expectativas de Turismo Rías Baixas son positivas o que "confirma que a calidade do destino Pontevedra Provincia prémiase por riba de factores conxunturais".
No sur da provincia, concretamente na comarca de Vigo e nos municipios de Baiona e Nigrán, agárdanse porcentaxes que durante a semana superarán o 60% e nos días festivos rozarán o 90%. Noutras zonas como Sanxenxo as previsións apuntan xa a preto do 80% de ocupación nos establecementos hoteleiros de superior categoría durante os días festivos.
Pola súa banda, no que respecta ás vivendas turísticas, a provincia acadará unha ocupación media superior ao 80% durante a Semana Santa, xa que tense convertido na zona de maior demanda de vivendas turísticas de Galicia.
Estes establecementos, a día de hoxe, trátanse dos que rexistran o maior número de reservas debido, principalmente, á tendencia xerada na pandemia pero tamén á maior demanda de aloxamentos familiares. Ademais están xa a recibir reservas para o verán o que augura unha excelente temporada para as vivendas turísticas da provincia. En canto aos aloxamentos de turismo rural, Turismo Rías Baixas estima unha ocupación media para toda a provincia de preto do 70%.
Relacionadas:
-
Promoción do destino Rías Baixas na feira de turismo familiar de Bilbao
Por Redacción |
-
Portugal, Arxentina e Alemaña, os países que máis visitantes trouxeron a Pontevedra en Semana Santa
Por María José Pita |
-
Ocupación dun 80% de media en Sanxenxo nunha Semana Santa "moi positiva" para o sector turístico
Por Redacción |
-
Optimismo ante unhas previsións "moi boas" para o turismo en Semana Santa e "fantásticas" para o resto do ano
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Enfado no sector ante as novas obrigacións de rexistro nos hoteis
Por Oskar Viéitez |
-
O aloxamento turístico de Poio medra ata as 3.639 prazas
Por Redacción |
-
A reactivación do turismo aumenta as contratacións en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
As clarisas autorizan o regreso a Pontevedra do Cristo das Caídas
Por Oskar Viéitez |
-
O sector hostaleiro de Sanxenxo abrirá ao 80% esta Semana Santa agardando un bo nivel de ocupación
Por Oskar Viéitez |
-
Máis de 3.000 persoas xa reservaron para viaxar ao Parque Nacional das Illas Atlánticas durante Semana Santa
Por Redacción |
-
Semana Santa acuática en Aguete con paddle surf, sup ioga e ruta en kaiak
Por Redacción |