Enfado no sector ante as novas obrigacións de rexistro nos hoteis
Por Oskar Viéitez
A Federación Provincial de Hostalería de Pontevedra (Feprohos) e a Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra (Asehospo) expresaron o seu rexeitamento ao Real Decreto que obrigará a triplicar a información que se envía á Policía sobre as persoas físicas ou xurídicas que exercen actividades de hospedaxe e alugueiro de vehículos de motor.
A partir do 27 de abril entran en vigor "novas e esixentes" obrigacións de rexistro documental.
Ata o de agora os clientes deben cumprimentar nove campos de rexistro: o número de documento de identidade, tipo de documento, data expedición, nome, apelidos, sexo, a data de nacemento, país de nacionalidade e data de entrada.
Coa nova proposta lexislativa pasan a 31 os datos requiridos, como o número de viaxeiros, a relación de parentesco entre eles no caso de que algún sexa menor de idade e a hora de saída, así cmo os datos de pago e do contrato.
Estes datos do rexistro informático terán que conservarse durante tres anos, podendo chegar as sancións por incumprimento aos 30.000 euros, imputando aos establecementos a responsabilidade da exactitude dos datos que se fagan constar.
Segundo os representantes dos hostaleiros, esta normativa "sobrecarga o labor do persoal de recepción incrementando dunha forma inviable o labor administrativo".
Relacionadas:
-
O Instituto de Vilalonga acollerá un novo ciclo de FP Básica Dual de Cociña e Restauración
Por Redacción |
-
A reactivación do turismo aumenta as contratacións en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Estiman para Semana Santa unha ocupación media superior ao 60%, recuperando os niveis previos á pandemia
Por Oskar Viéitez |