Ecobrigadas da asociación Amicos acondicionan a contorna da Igrexa de San Martiño de Padrenda
Por Redacción
A Ecobrigada da asociación Amicos, colectivo que apoia a persoas con distintas capacidades, finalizaba este venres os traballos de acondicionamento do xardín situado ao redor da Igrexa de San Martiño de Padrenda no Concello de Meaño.
O goberno local solicitou esta tarefa que se desenvolveu ao longo de dúas xornadas para ter este espazo preparado ante a afluencia de visitantes durante os actos previstos nesta semana Santa. Cinco integrantes de Amicos podaron as tuias e outras especies de arbustos. Tamén cortaron o céspede da parcela.
O concelleiro de Obras, Servizos e Infraestruturas, Ramón Alfonso Piñeiro, destacaba esta primeira colaboración co colectivo e mostraba a súa satisfacción polo resultado dos traballos acometidos. Keltoi Cameán, técnico de desenvolvemento de persoas e empresas en Amicos, lembrou que para a organización esta colaboración significa o asentamento das Ecobrigadas na comarca do Salnés.
A asociación Amicos lembra que para contratar os seus servizos de Ecobrigadas é necesario enviar un correo a ecobrigadas@amicos.org ou chamar ao teléfono 981 86 57 16 para obter máis información sobre esta actividade de integración laboral.
Relacionadas:
-
Caldas asina un convenio coa Asociación Amicos para facilitar a integración das persoas con discapacidade
Por Redacción |
-
Convenio con Amicos para emprender accións que favorezan a persoas con capacidades diferentes
Por Redacción |
-
A Asociación Amicos inicia un curso de auxiliar de guía en Pontevedra para persoas con discapacidade
Por Redacción |