Amizade anima á cidadanía a marcar 'Fins sociais' na súa declaración da renda
Por Redacción
A asociación Amizade está executando o programa de atención integral para persoas con discapacidade o cal ten por finalidade mellorar a calidade de vida das persoas así como favorecer a súa autonomía persoal. Este ano estímase que se beneficien, a través da entidade, unhas 65 persoas durante todo o ano.
Este proxecto pode realizarase grazas ao cofinanciamento da Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF sendo a entidade beneficiaria COGAMI.
Amizade anima á cidadanía a marcar o cadro de "Actividades de interese xeral consideradas de interese social" na súa declaración da renda.
A asociación Amizade executa o seus proxectos seguindo a misión da entidade de contribuir á mellora da calidade das vida de persoas con discapacidade e promovendo as súas oportunidades de participación social. Isto permite a coordinación e xestión das diversas actividades e servizos da entidade como logopedia, fisioterapia, apoio psicolóxico, ximnasio adaptado, obradoiro de ocio, servizo de información e asesoramento, entre outros.
Amizade comeza no ano 1988 promovendo e defendendo os dereitos das persoas con discapacidade e forma parte da Confederación Galega de persoas con discapacidade (COGAMI).