A procesión do Santo Encontro enche de fieis as rúas de Sanxenxo
Por Redacción
Os cidadáns de Sanxenxo están a demostrar que, tras dous de ausencia, tiñan ganas de celebrar a Semana Santa. Cada procesión que percorre as rúas do municipio énchese de centos de fieis, que non perden detalle das celebracións.
É o que ocorreu, por exemplo, onte á noite coa procesión do Santo Encontro e o Vía Crucis, unha das máis esperadas desta semana Santa.
Ás oito da tarde saíu do templo pequeno pola Rúa da Igrexa ata a Avenida de Madrid.
O Nazareno, pola súa banda, saíu en formación pola Praza de Portugal ata o Paseo de Silgar, escoltado polos seus confrades e por unha representación da banda da confraría.
Esta procesión non é acompañada por bandas, excepto no momento do encontro onde a Banda de Música de Sanxenxo interpreta unha peza.
O encontro coa Dolorosa produciuse na esquina de Silgar, baixo a atenta mirada de miles de fieis e visitantes.
A procesión do Vía Crucis continuou despois pola Avenida de Madrid, cale Constitución e a rúa Progreso ata chegar ao Novo Templo.
A Semana Santa de Sanxenxo continuará este Xoves Santo coa procesión do Nazareno.
Ás 20.45 horas, sairá acompañada da Banda da Confraría do Nazareno como é habitual, desde a igrexa parroquial, percorrendo as rúas Progreso, Constitución, Rúa de Madrid e a esquina da praia de Silgar, entrando ao templo pequeno pola Praza de Portugal.
Relacionadas:
-
Sanxenxo supera "amplamente" os datos turísticos da Semana Santa de 2019
Por Redacción |
-
Conclúe a Semana Santa coa procesión do Encontro do Xesús Resucitado coa Virxe
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Multitudinaria procesión do Santo Enterro tres anos despois
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
O 'Encontro' entre Cristo coa Cruz ao lombo e a Virxe abre o Venres Santo pontevedrés
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
As procesións de Semana Santa volven a Sanxenxo tras dous anos de silencio
Por Redacción |