A feira de oportunidades anima os días festivos en Sanxenxo
Por Redacción
Ata 25 postos integran a oferta comercial da feira de oportunidades de Sanxenxo, que se inaugurou este xoves na Praza dos Barcos.
Os produtos, que ofrecen os comerciantes locais para liquidar os seus stock de tempada, sonropa para distintas idades, calzado, artigos de bixutería ou decoración.
Ofrécenos ademais con importantes descontos, para que toda esta mercadoría resulte atractiva aos potenciais compradores.
As xaimas que aloxan a cada un dos postos están colocadas en forma de U na praza e teñen un horario continuado de 11 a 22 horas.
Esta cita está organizada por Entretendas en colaboración co Concello de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
Unha trintena de expositores para o regreso a Sanxenxo da feira de oportunidades
Por Redacción |
-
Sanxenxo supera "amplamente" os datos turísticos da Semana Santa de 2019
Por Redacción |
-
O comercio de Sanxenxo liquidará stocks de inverno nunha 'Feira de Oportunidades' que regresa á Semana Santa
Por Redacción |