19 bares e cafeterías aspiran a ofrecer o 'Mellor Almorzo de Pontevedra'
Por Diana Eiras & Redacción
Xa está en marcha a primeira edición de PonteAlmorzo, a proposta na que a cidadanía poderá decidir ata o vindeiro domingo 15 de maio que establecemento dos 19 participantes ofrece o Mellor Almorzo de Pontevedra 2022.
Durante a mañá deste venres, a concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco; o presidente da asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo), Daniel Lorenzo; o vicepresidente Rafael Rúa; e o secretario, Antonio Fernández, inauguraban co corte simbólico de cinta e a degustación en varias cafeterías este orixinal proxecto no que se demanda a participación dos clientes.
Os almorzos presentan un prezo de catro euros e estarán compostos, como mínimo, dunha bebida quente, unha bebida fría, un petisco ou unha tapa doce e/ou un petisco salgado. Entre a clientela participante sortearanse tres premios de 100 euros para gastar nos locais que participan. As cualificacións do público deberán efectuarse a través dunhas urnas instaladas nos bares e cafeterías.
O local gañador obterá unha placa conmemorativa e unha masterclass como premio. Entre os ofrecementos que realiza cada establecemento hai practicamente todo tipo de variedades de almorzo: desde xamón ibérico a petiscos de tortilla, pasando por macedonia, café cremoso con chocolate fundido e cacahuete ou unha tosta de crema salgada vegana tipo queixo con tomates asados, entre outras moitas alternativas. O obxectivo da proposta busca poñer en valor, promocionar e dinamizar o traballo que desenvolven estas cafeterías e bares con suxerencias sorprendentes
Os establecementos participantes e o nome das súas propostas son os seguintes:
1. Café Moderno (Praza de San Xosé, 3). 'Casares':
2. Café bar Chalo (Joaquín Costa, 42, baixo). 'Sale el sal'
3. Mamá Sofía Panadería Degustación (San Antoniño, 83). 'Desayuno Sofía'
4. El Patio Kinder Bar (Virxe do Camiño, 11, baixo). 'Desayuno Pawa'
5. Café Bar Lelé 2 (Fernando Olmedo, 5). 'Desayuno Lelé'
6. La Buena Vida (Blanco Porto, 4). 'Buenos días Buena Vida'
7. Cafetería Sonata (Peregrina, 66). 'Desayuno con diamantes'
8. Café bar 33 (Rosalía de Castro, 78). 'Madruga conmigo'
9. Adega dos Avós (Gutiérrez Mellado, 6, baixo). 'Antojos Gourmet'
10. Piada Romagnola (García Camba, 2). 'Bris for Breakfast'
11. Lulo Gastrobar (Joaquín Costa, 14). 'Vuelta al mundo'
12. Cervecería Lola (José Casal). 'Lola'
13. El Dulce de Leche Alameda (Marqués de Riestra, 35). 'Dulce desayuno'
14. El Dulce de Leche Raíña Vitoria (Raíña Vitoria, 5). 'Dulces días'
15. Vía Nai (Isabel II, 22). 'Homenaje':
16. El Cafetín (parque da Alameda). 'Cafetín'
17. Moi Bo (Michelena, 34). 'Quedei como un pepe'
18. Cafetería Bachata (Eduardo Pondal, 40). 'Bachata'
19. Pumpernickel Artisan Bakery (Sagasta, 22). 'Wonderland Breakfast'
Relacionadas:
-
O certame de almorzos Pontealmorzo volve á carga coa súa segunda edición entre o 4 e o 14 de maio
Por Manu Otero & Juan Manuel García Tajes |
-
A cafetería Moi Bo posiciónase como o mellor lugar de almorzos da cidade
Por Manu Otero |
-
Volven os petiscos inspirados en Europa con produto da provincia, volve Degusta Europa!
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Que establecementos compiten na primeira edición de PonteAlmorzo?
Por Redacción |