Inician a segunda fase de escavacións nas obras do Gran Montecelo
Por Redacción
A execución do Hospital Público Gran Montecelo de Pontevedra dá esta semana un paso máis á fronte co inicio da segunda fase de escavacións.
Esta nova etapa na execución prodúcese nunha semana na que as obras cumpren un ano e tras o desvío do gasoduto e a recente entrada en servizo das súas redes dun quilómetro de lonxitude.
Segundo explica a Xunta de Galicia, a actuación no gasoduto fixo necesario paralizar os traballos de escavación e de estrutura na zona afectada, que a nivel de edificabilidade representa a área de maior complexidade de todo o proxecto, xa que é a máis próxima ao hospital actual e pola que se realizará a interconexión entre este edificio e o novo.
Nos terreos sobre os que agora comezará a escavación construiranse 25.400 metros cadrados de estrutura, repartidos en dez plantas co sotos, o baixo e oito alturas.
Trátase duns traballos que se realizan con moita precaución, evitando voaduras e minimizando as vibracións para tentar afectar o menos posible ao desenvolvemento hospitalario do actual edifcio, en plena actividade.
Ademais, para poder progresar, será necesario retirar e desprazar a liña de media tensión, algo que está previsto realizar a semana do 23 de maio.
Relacionadas:
-
A partir do 1 de xullo programaranse visitas guiadas ás obras do Gran Montecelo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Comeza a construción da torre de hospitalización do Gran Montecelo
Por Redacción |
-
A subministración de gas natural do Gran Montecelo xa está en funcionamento
Por Redacción |
-
A oposición reclama aparcamiento gratuíto en Montecelo e o PP defende que sexa "asequible"
Por Oskar Viéitez |
-
A construción do vial perimetral do Gran Montecelo comezará en maio
Por Alejandro Espiño |
-
A estrutura do bloque cirúrxico e de urxencias do Gran Montecelo quedará rematada este mes
Por Redacción |