A campaña da Deputación Love Rías Baixas confirma o seu "exitazo" en Bilbao
Por Redacción
A presenza do destino Pontevedra Provincia na Feira Expovacaciones de Bilbao, foi "un exitazo" segundo a presidenta da Deputación, Carmela Silva, que liderou a delegación provincial no Exhibition Center da capital vasca e mostrou a súa "enorme satisfacción" ante a masiva afluencia de público ao stand de Rías Baixas.
Con este certame, a institucion provincial reiniciaba, tras Fitur, a promoción da campaña Love Rías Baixas, que chegou a rexistrar colas para achegarse ao punto de información e polo que este domingo tiñan pasado xa 20.637 persoas para interesarse pola oferta turística da provincia de Pontevedra.
"Foi sorprendente, inesperado non porque sabemos que no País Vasco hai un enorme interese polo noso destino, pero aínda así fomos un dos stand con maior presenza de visitantes que non deixaron de achegarse a Love Rías Baixas", explicó Carmela Silva.
"Volvemos a casa moi contentas", dixo a presidenta, "porque isto significa que seguimos no bo camiño e que a nosa provincia continúa a liderar os principais destinos do Estado". De feito, no encontro que mantivo con Carmela Silva, o propio Director da na feira Expovacaciones, Jose Antonio Prado, foi testemuña directa da masiva presenza de visitantes e confirmou que "o interese por Rías Baixas sempre ten sido moi grande en Euskadi" e que a grande afluencia desta fin de semana ao stand da Deputación confirmaba unha vez máis ao público vasco como un dos principais emisores de turistas cara á provincia".
Coa campaña Love Rías Baixas en Expovacaciones, a Deputación tamén presentou produtos turísticos como os Castelos de Soutomaior e Sobroso, ambos os dous musealizados con novas tecnoloxías, que espertaron moito interese. Ademais, o persoal de Turismo Rías Baixas mantivo contacto con turoperadores para poñer en valor á provincia e establecer vínculos para que sexa promocionada noutros lugares do Estado, e tamén con outras comunidades autónomas e destinos que están a promover experiencias similares para establecer relacións cara á presentación de proxectos conxuntos aos fondos Next Generation.
Con este inicio do calendario feiral estatal e a súa presenza en Bilbao, a Deputación ten previsto seguir a participar naqueles certames turísticos que sexan mercados prioritarios do destino Rías Baixas. Do mesmo xeito, xa se están perfilando os dous novos workshop que, en colaboración co sector turístico da provincia, volverán a celebrarse neste 2022 noutros dous puntos do Estado, despois de ter pasado estes últimos anos por Barcelona, Madrid e Valencia.
Relacionadas:
-
A Deputación recibe outro premio pola súa aposta pola dixitalización do destino turístico Rías Baixas
Por Redacción |
-
O secretario de estado Fernando Valdés celebrará en Pontevedra o Día Internacional do Turismo
Por Redacción |
-
Promoción do destino Rías Baixas na feira de turismo familiar de Bilbao
Por Redacción |
-
A Deputación presenta a Gala Love Rías Baixas, un espectáculo televisivo para presumir do sector turístico
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva destaca o impacto da campaña de promoción turística #LoveRíasBaixas nas redes sociais
Por Oskar Viéitez |
-
Love Rías Baixas foi a presentación da campaña "máis emocional, diferente e rompedora destes anos"
Por Oskar Viéitez |