Sabores de República Checa, Países Baixos, Bélxica e Irlanda inundan o mercado de Pontevedra
Por Redacción & Diana Eiras
O programa gastronómico Degusta Europa fixo parada este venres no mercado de abastos de Pontevedra, onde se ofreceu ao público un menú baseado en pratos típicos de catro países do vello continente: República Checa, Países Baixos, Bélxica e Irlanda.
A nova volta que se lle deu a estas receitas, con produtos galegos e de quilómetro cero, correu a cargo do alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra.
Houbo elaboracións como a sopa de Goulash de tenreira con pan de manteiga, un guiso típico da República Checa; o maatjesharing dos Países Baixos, feito con arengue mariñado, e as 'moules frites', os mexillóns típicos de Bélxica servidos con patacas fritidas.
Para beber, houbo un cóctel Black Velvet, moi propio de Irlanda e elaborado con cervexa negra e sidra, ambas as dúas bebidas de orixe galego.
O periplo de Degusta Europa polos mercados da provincia, tras pasar por O Grove e Mondariz, continuará por Gondomar, Vigo e A Guarda. Nestes casos, será o alumnado do CIFP Manuel Antonio de Vigo quen se encargará de elaborar as propostas gastronómicas.
Relacionadas:
-
'Pratos de avoas' no mercado de abastos para "celebrar o que nos identifica"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
RADIO.- Hai días mundiais no ano para case todo e hoxe é o da torta de queixo
Por Marisa Ciordia |
-
"Degusta Europa" repartiu preto de 800 tapas no mercado do Grove
Por Redacción |
-
Volven os petiscos inspirados en Europa con produto da provincia, volve Degusta Europa!
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |