CC.OO. e UGT maniféstanse este sábado contra a reforma das pensións
Por Anxo Lourido
Os sindicatos Comisións Obreiras (CC.OO.) e UGT manifestaranse este sábado 23 a partir das 12.00 horas nunha protesta que se iniciará na Praza da Ferrería e rematará ante a Subdelegación do Goberno.
A marcha promóvese baixo o lema 'Emprega a túa forza' e rexeita a reforma das pensións. Dende estes sindicatos enténdese que o goberno quere beneficiar con esta reforma á banca e "meter ou último bocado ás pensións" para promover os plans de pensión privados.
José Luis García Pedrosa, secretario comarcal de CC.OO. manifestou que o Goberno do Partido Popular en lugar de loitar contra a fraude fiscal soa asume políticas favorables para o capitalismo financeiro. O secretario comarcal de UGT, Ramón Vidal, indicou tamén a necesidade de que as alternativas políticas ao PP se posicionen e se comprometan a derrogar esta reforma se alcanzan o poder.
Dende CC.OO. e UGT lamentan que non se lograse un consenso coa CIG e USO para realizar unha mobilización única e conxunta co obxectivo de ser eficaces e, desta forma, poder reverter as medidas adoptadas polo goberno.
Os sindicatos sinalan que, a pesar de que os cidadáns rexeitan as medidas de recortes, son reticentes a manifestarse na rúa e García Pedrosa apuntou a que cada sector ten as súas propias reivindicacións e sempre resulta máis complicado que se somen a protestas de carácter máis xenérico.
Relacionadas:
-
CC.OO. e UGT convocan unha concentración contra as políticas de austeridade
Por Redacción |
-
Os sindicatos critican o apoio mediático á manifestación contra Ence na súa protesta contra a reforma das pensións
Por Anxo Lourido |
-
CC.OO. reclama a unidade sindical para facer fronte á reforma das pensións
Por Anxo Lourido |
-
Medio milleiro de manifestantes secundan a marcha da CIG contra a reforma das pensións
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |