O PSOE chama os seus alcaldes e portavoces a combater o "nuevo régimen" do goberno de Rajoy
Por Alejandro Espiño
A reforma da administración local que impulsa o Goberno ten ao PSOE "seriamente preocupados". Aseguran os socialistas que se trata de "un paso gravísimo que atenta frontalmente contra los principios democráticos", ao romper a estrutura institucional pactada ao comezo da democracia e supón reducir á "mínima expresión" os servizos públicos que prestan os concellos aos cidadáns.
ÿ a visión que, este xoves, trasladou a deputada do PSOE no Congreso, Carmela Silva, aos alcaldes e portavoces municipais do partido na provincia de Pontevedra, nun encontro celebrado na sede provincial socialista. Todos eles, do mesmo xeito que o resto de partidos políticos e a gran maioría dos alcaldes "tamén os do PP", cuestionaron xa abiertamente esta lei ao entender que "pon en grave perigo a prestación dos servizos sociais".
A deputada socialista explicou que o goberno liderado por "el pontevedrés Rajoy", tralas reformas educativas ou os recortes en sanidade, "quieren imponer un nuevo régimen que va en contra de la Constitución de 1978". Acusou aos populares de "bombardear" de forma continua o estado social e de dereito coas súas medidas de austeridade, "al mismo tiempo que apoyan la banca, aprueban la amnistía fiscal o persiguen sin complejos a los emigrantes retornados".
Esta reforma lexislativa deixará nunha situación moi delicada, sinalou Carmela Silva, aos concellos. Especialmente aos de menos de 20.000 habitantes, que entre outras cuestións, deberán ceder os seus servizos sociais ás diputacións, "instituciones cuyos miembros no son elegidos por los ciudadanos y que cerrarán aquellos servicios que no obtengan beneficios y privatizarán los que sean rentables".
Os socialistas aseguran que "no lo vamos a consentir", especialmente no caso da provincia de Pontevedra, onde o 80% dos concellos quedarían en mans "de un presidente de diputación, el señor Louzán, que sabe mucho de negocios, pero nada de transparencia, de atención a los ciudadanos, y mucho menos de respeto democrático".
Ademais desta reunión, o PSOE comezará a explicar o efecto desta reforma en todos os concellos pontevedreses e estudan presentar, xunto con todos os partidos da oposición, un recurso ante o Tribunal Constitucional para tombar esta lei. En todo caso, avanzou Carmela Silva, "cuando el PP pierda el gobierno, que será muy pronto, se derogará esta ley", ao responder, dixo, a "intereses no legítimos" do Partido Popular.