O BNG acusa á Xunta de "agochar" a contaminación do Umia, " incumprindo os seus propios protocolos"
Por Redacción
O BNG de Caldas de Reis denuncia que o encoro do Umia rexistra dende o pasado 16 de maio concentracións de cianobacterias por enriba das 2.000 cel/ml, cifra que, segundo os protocolos da Xunta de Galicia, deberían supoñer que se decrete a alerta de contaminación por cianobacterias.
Á vista desta situación, o BNG sostén que a Xunta "agocha a contaminación do Umia" e que o fai " incumprindo os seus propios protocolos".
O voceiro da formación nacionalista, Manuel Fariña, cre que a Xunta "debería explicarlle aos veciños e veciñas por que motivo" actúa desta maneira e considera que este feito ben a demostrar que a Xunta "non toma en serio un problema que, lonxe de remitir vai a peor cada ano".
Ademais, cuestiona que a Xunta converteu o Umia "nun sumidoiro de fondos públicos" anunciando medidas "cosméticas" que "nunca resolven ningún problema".
Tamén sostén que estas medidas anunciadas teñen o único obxectivo de "lavarlle a cara" a quen construíu o encoro contra a vontade das veciñas e veciños de Caldas.
Relacionadas:
-
Manuel Fariña lanza a súa candidatura como candidato en Caldas dun BNG co que "aspiramos a todo"
Por Redacción |
-
Acometen traballos de limpeza no perímetro do encoro do Umia
Por Redacción |
-
O BNG reclama á Xunta un plan de recuperación e rexeneración integral do Umia
Por Redacción |
-
Envían unha carta desde o BNG á conselleira de Infraestruturas para alertala de que o Umia "é un morto en vida"
Por Redacción |
-
Nova compensación para Caldas, Cuntis e Moraña pola explotación do encoro do Umia
Por Redacción |