As praias de Areas, Silgar, Canelas e Montalvo contarán con socorristas desde esta fin de semana
Por Redacción
Sanxenxo adianta, por primeira vez, á primeira fin de semana de xuño o seu servizo de socorrismo en Areas, Silgar, Canelas e Montalvo.
Os efectivos de vixilancia estarán este venres, o sábado e o domingo en horario ininterrompido de 12 a 20 horas. O mesmo servizo volverase repetir a seguinte fin de semana. Tamén se abrirán os baños destes areais.
O goberno decidiu este ano adiantar o socorrismo nas praias dentro da súa estratexia de mellora continua dos servizos e para dar resposta aos numerosos bañistas que gozan destes areais. A partir do 15 de xuño, os efectivos de salvamento estenderanse a un total de seis praias todos os días da semana.
Así, a Areas, Silgar, Canelas e Montalvo sumaranse Foxos e O Espiñeiro-A Lanzada, tamén unha novidade deste ano, incluída como unha das melloras dentro do contrato do servizo adxudicado á empresa Salvar, formar y socorrer. Desde o 1 de xullo e ata o 15 de setembro, o servizo estenderase ao resto de areais cunha ampliación horaria en Silgar. En total serán 80 persoas as que conformen o servizo de vixilancia.
Deste xeito, Sanxenxo anticipa a tempada estival dando resposta a unha demanda cada vez máis crecente de visitantes. As zonas de baño das 17 praias de bandeira azul xa se atopan desde fai máis dunha semana balizadas e as canles de nado entre Silgar e Canelas xa está operativos. As pasarelas, as pérgolas de sombra, as casetas e torres de salvamento, así como os lavapés, que volven aos areais dous anos despois, xa están instalados. Nalgúns areais, como Silgar ou Canelas, os quioscos xa están en funcionamento. O Concello realizou un investimento de máis de 50.000 euros na posta a punto das praias.
A limpeza nos baños das praias volverá ser un verán máis cada hora e media, unha frecuencia que se impuxo co Covid e que o Concello decidiu manter como garantía sanitaria e de limpeza.
Relacionadas:
-
O Concello de Sanxenxo ten en execución obras por 2,7 millóns de euros en catro parroquias do municipio
Por Redacción |
-
Sanxenxo autoriza as fogueiras de San Xoan en Lavapanos, Panadeira, Silgar e Caneliñas
Por Redacción |
-
Pontevedra é a provincia con máis sendeiros azuis de España
Por Redacción |
-
A Xunta subvenciona a contratación de socorristas para os meses de xullo e agosto
Por Redacción |
-
Homenaxe ao oftalmólogo falecido en Sanxenxo golpeado por unha lancha
Por Redacción |