A arquitecta técnica pontevedresa Juana Méndez Modia, galardoada como 'Profesional Colexiada de 2021'
Por Redacción
A arquitecta técnica pontevedresa Juana Méndez Modia foi recoñecida co galardón 'Profesional Colexiada do Ano 2021' por Unión Profesional de Galicia, entidade que representa a 40 colexios profesionais de Galicia e a unha trintena profesións universitarias.
Juana Méndez Modia recolleu o premio o pasado venres 27 de maio na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela nun acto organizado por Unión Profesional de Galicia e no que estivo acompañada de membros da Xunta de Goberno do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo), encabezada polo seu presidente, Manuel Rañó, e polo delegado do Coatpo na Demarcación de Vigo, Antonio Arias Rodríguez.
Os Premios Profesional Colexiado do Ano 2021 puideron ser entregados tras ser aprazada a súa entrega nos dous últimos anos por mor da pandemia.O presidente de Unión Profesional de Galicia, Antonio Macho Senra, químico de profesión, destaca que os galardóns "pretenden poñer en valor a excelencia dos profesionais colexiados de Galicia e, ao mesmo tempo, facer visible a exemplaridade no exercicio das profesións universitarias".
Tamén foron premiados outros 37 profesionais galegos vinculados a 22 diferentes profesións.
TRAXECTORIA PROFESIONAL
A arquitecta técnica Juana Méndez Modia exerceu a súa carreira profesional na provincia de Pontevedra. É natural de San Pedro Félix de Muxa (Lugo) e obtivo o título de arquitecta técnica no curso académico 76-77 na Escola Oficial de Arquitectura Técnica da Coruña.
Comezou o exercicio profesional como liberal realizando direccións de execución material de obras de vivendas unifamiliares, edificios de vivendas, así como informes e peritacións. De 1985 a 1987, a través de varios contratos co Concello de Vigo, realizou informes técnicos sobre vivendas sociais, informes sobre urbanización de rúas e a revisión e actualización do rueiro do termo municipal de Vigo.
En 1988 e 1989 traballou na empresa privada. E xa en 1989 incorporouse ao Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra como secretaria técnica de Control e Visado, responsabilidade que exerceu ata 2016, data da súa xubilación. Juana Méndez Modia foi responsable do Gabinete Técnico do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra desde xaneiro de 2011 ata 2016.
O presidente do Coatpo, Manuel Rañó, destacou a Juana Méndez Modia como merecedora do galardón de Unión Profesional de Galicia. "Juana é un exemplo, foi e segue sendo un referente na nosa profesión; é desas profesionais que prestixian co seu traballo diario a súa profesión e transmiten á sociedade galega os valores das mellores prácticas profesionais".
Relacionadas:
-
Crecen a obra nova e a rehabilitación de vivendas en Pontevedra
Por Redacción |
-
A obra nova e a rehabilitación de vivenda crece un 25% en Pontevedra a pesar da escalada de prezos
Por Redacción |
-
A aparelladora cuntiense, Ana Castro, premiada polo seu traballo na Catedral de Santiago
Por Oskar Viéitez |
-
Nin a falta de materiais frustra o bo ritmo da obra nova en Pontevedra: crece un 13,5% no principio de 2022
Por Redacción |
-
As axudas europeas para a rehabilitación suscitan o interese veciñal
Por Redacción |
-
Os arquitectos técnicos animan á cidadanía a coñecer as axudas europeas para rehabilitar vivendas
Por Redacción |
-
A construción e rehabilitación de vivendas en 2021 reduciuse un 14% na provincia
Por Redacción |
-
Os aparelladores de Pontevedra xa se benefician do Punto de Información Catastral
Por Redacción |
-
Manuel Rañó é o novo presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra
Por Redacción |