Xornada de portas abertas no Colexio de Seixo para celebrar o seu 50 aniversario
Por Redacción
O sábado día 18 de xuño en horario de 11.00 a 14.00 horas haberá unha xornada de portas abertas no Colexio de educación Infantil e Primaria de Seixo para poder coñecer o centro e visitar a exposición organizada polo seu 50 aniversario.
Será unha xornada que pretende ser aberta a toda a comunidade, á veciñanza e a todas aquelas persoas que por un ou outro motivo séntense identificadas co centro educativo e lles apetece lembrar aqueles tempos.
A xornada estará amenizada a partir das 12.30 horas polo grupo de gaitas Os Chaneiros.
O Grupo Cultural Ronsel, a Asociación de Pescadores Chirleu, a Asociación de Comerciantes ACEMAS, a Asociación Cultural Santomé e a Anpa Abelendos serán as encargadas de axudar ao centro a darlle difusión a este acto para poñer o broche de ouro a este curso escolar.