Os propietarios dun edificio derrubado en 2020 deben pagar ao Concello de Sanxenxo o que lle custou tiralo
Por Redacción
Unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo de Pontevedra acaba de ditar unha resolución pola que pecha o proceso xudicial derivado da derriba do antigo edificio de Mobles Alonso na rúa Progreso de Sanxenxo. O Concello executou a demolición no ano 2020 ante o seu estado de abandono e a inacción dos propietarios xa agora recuperará o diñeiro
O xulgado obriga aos propietarios para pagar ao Concello os gastos da derriba, que ascenden a 50.309 euros.
A sentenza rexeita os dous recursos de reposición presentados contra as liquidacións viradas polo Concello á comunidade hereditaria do inmoble. O fallo, de todos os xeitos, non é firme e os propietarios poden recorrer ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
O edificio foi declarado en estado de ruína en 2018 e concedeuse un prazo de 3 meses aos propietarios para executar a demolición. Ante a falta de cumprimento, o Concello decidiu acudir á execución subsidiaria de derriba e logo cobrar os gastos ocasionados aos donos do inmoble.
A maxistrada recolle na sentenza que todo indica que "se tenta evitar custe o que custe calquera gasto asociados á execución da derriba" e considera "pouco sincera".a reclamación da pedra retirada ou a dedución do seu importe na liquidación final.
EXPEDIENTES URBANÍSTICOS
O Concello de Sanxenxo informou este luns de que avanza no proceso de caducidade de licenzas de 8 das 10 edificacións ás que está previsto iniciar un expediente de reposición da legalidade que na maioría dos casos culminará nunha derriba.
Trátase de esqueletos de cemento e formigón que xeran importantes casos de feísmo no municipio e provocan graves problemas de salubridade e seguridade.
Algúns dos propietarios destas estruturas obtiveron hai máis de 30 anos a licenza de obra, permiso que ten unha vixencia de tres anos, pero nunca chegaron a rematala.
Relacionadas:
-
O TSXG confirma que os donos do edificio de Muebles Alonso deberán pagar 50.000 euros ao Concello
Por Redacción |
-
Telmo Martín considera "incomprensible" que Costas se opoña ás competencias de Galicia sobre o litoral
Por Redacción |
-
O edificio de Muebles Alonso xa é historia en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo derrubará un edificio en ruínas ante a inacción dos seus propietarios
Por Oskar Viéitez |