Ollo ao tráfico este mércores na avenida de Bos Aires
Por Redacción
O Concello de Pontevedra ven de comunicar que este mércores día 29 comezan os traballos de fresado e asfaltado na avenida de Bos Aires.
Segundo as estimacións da empresa responsable da súa realización, Elsamex, a obra debería finalizar antes de tres días.
A avenida de Bos Aires contará neste tempo con limitacións e restricións de tráfico rodado.
Segundo a Policía Local, nun principio só será cortado o acceso ao tramo afectado polas obras, pero se fose preciso por mor das complicacións circulatorias, podería levar a cabo un segundo peche na glorieta, aínda que o valoran como pouco probable pola baixa intensidade do tráfico estes días.