Intervención dos bombeiros en Cruz Vermella para auxiliar unha veciña
Por Redacción
Efectivos do Corpo de Bombeiros de Pontevedra mobilizáronse ao mediodía deste sábado á rúa Cruz Vermella para auxiliar a unha muller que sufrira unha caída no seu domicilio e non podía levantarse polo seu propio pé.
A muller caeu e, ao ver que non lograba levantarse, chamou aos servizos de emerxencias e desprazáronse ata o lugar dúas dotacións dos bombeiros pontevedreses, unha patrulla policial e unha ambulancia.
Para rescatar á muller, os bombeiros subíronse ao camión guindastre ata o ultimo piso do edificio para poder acceder a través da xanela e prestar a axuda necesaria a esta veciña.
Relacionadas:
-
O suceso que acabou coa fiestra de Carlota Román esnaquizada por erro
Por Redacción | Creada e actualizada