Detido un home de 68 anos por golpear varias veces á súa parella en Poio
Por Redacción
A Policía Local de Poio detivo esta fin de semana un veciño da localidade de 68 anos como autor dun delito de violencia de xénero por presuntamente golpear en varias ocasións á súa parella.
A orixe da detención foi unha chamada cidadá realizada sobre as 19.00 horas deste sábado, que alertou á Policía Local dunha situación de malos tratos habituais na que un home adoitaba ser violento coa súa parella.
Unha patrulla policial trasladouse ao domicilio no que presuntamente se producen estes episodios de violencia machista e alí localizou unha muller con varias lesións visibles. Os axentes comprobaron que minutos antes a súa parella golpeara esta vítima varias veces.
Os axentes procederon á detención do presunto agresor e redactaron dilixencias para enviar ao xulgado. Son as cuartas dilixencias por violencia de xénero presentadas pola Policía Local de Poio este ano. En tres delas o presunto agresor foi detido e nun foi citado como investigado por incumprir unha orde de protección da vítima.
A eses castro casos hai que sumarlle outros sete de violencia doméstica. No primeiro semestre do ano, a Policía Local detivo dúas persoas e citou como investigadas outras cinco por violencias no ámbito familiar. Dous dos implicados son menores de idade.
As violencias de xénero e domésticas son o terceiro e o cuarto delito máis denunciado pola Policía Local de Poio no que vai de ano 2022.
Os axentes recolleron 120 denuncias e as máis frecuentes foron, por esta orde, furtos e danos en primeiro lugar, estafas telemáticas, violencias domésticas, violencias de xénero, delitos contra a seguridade viaria, ameazas e lesións.
Relacionadas:
-
Detido un pontevedrés por maltratar a súa parella en plena rúa en presenza dos seus fillos
Por Redacción |
-
Detido un veciño de Poio por agredir á súa parella
Por Oskar Viéitez |
-
Arrestado un veciño de Vilagarcía por romper o parabrisas dun coche patrulla e golpear a un axente de policía
Por Redacción |
-
O índice de criminalidade de Poio, a estudo
Por Redacción |
-
A Policía Local de Poio tramitou durante o ano 2021 un total de 258 dilixencias por delitos
Por Redacción |
-
Socorren unha vítima de violencia machista que se escondeu na casa e chamou á policía porque temía pola súa vida
Por Natalia Puga |