Detido un home por romper o parabrisas dun coche patrulla e golpear a un axente de policía
Por Redacción
A Policía Local de Vilagarcía detivo este domingo un home de 38 anos por causar danos nun vehículos policial e por opoñerse á autoridade. Trátase de F.P.C., natural de Catoria e domiciliado en Vilagarcía.
Segundo informan dende o Concello de Vilagarcía, os feitos aconteceron a plena luz do día, ás 12.44 do domingo, cando unha chamada á Xefatura advirte de que había un home golpeando un coche patrulla que se atopaba aparcado nas zona, dado a súa descrición e indicando por onde fuxira.
Os danos causados no coche foron a rotura do parabrisas dianteiro.
Seguindo as indicacións da persoa denunciante, os policías desprazados a pé localizárono en Arcebispo Lago e déronlle o alto na Rúa Baldosa, ao que o individuo respondeu propinándolle un golpe a un dos axentes e tirándoo ao chan antes de escapar.
Tras perseguilo uns metros máis conseguiron alcanzalo e reducilo, pese á resistencia que puxo en todo momento dando patadas e cuspindo aos axentes da lei, segundo consta no atestado.
Despois de lerlle os dereitos e proceder a súa detención, o home foi trasladado ás dependencias da Policía Nacional en espera de pasar disposición xudicial.
Relacionadas:
-
Detido un mozo por conducir drogado, carecendo de carné e mentindo sobre a súa identidade
Por Redacción |
-
A Policía Local de Vilagarcía retoma as patrullas en bicicleta por praias e espazos peonís
Por Redacción |
-
Luisa Fariña, nova responsable da Policía Local de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Detido un home por furtar un violín de 7.000 euros a unha integrante da Orquestra Xove Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
Detido un home de 68 anos por golpear varias veces á súa parella en Poio
Por Redacción |
-
Gardas civís de toda España e a GNR portuguesa reforzarán a seguridade da provincia este verán
Por Redacción |