Marín despide a súa fin de semana máis moteira
Por Redacción
O Concello de Marín despediuse este domingo da súa fin de semana máis moteira coa celebración da décimo quinta edición da súa tradicional concentración de motos.
Organizada polo colectivo Golfiños de Marín, a reunión contou con centos de persoas de diferentes localidades, entre os que se atopaba o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que deu unha volta na súa moto coa alcaldesa da vila, María Ramallo.
A festa comezou o venres coa apertura de inscricións e ás 23.00 horas Chroma e o DJ Rubén Díaz amenizaron a velada.
Xa o sábado realizáronse as actividades máis importantes como o roteiro mototurística polo municipio, os petiscos na carpa e unha exhibición de stunt a cargo de Xaque e Nhnpina Stunt Team.
As acrobacias tamén tiveron o seu momento, antes de que ás 00.00 horas arrincase o roteiro nocturno con fachos, previa á entrega de trofeos e á festa nocturna do DJ Rubén Díaz.
O evento finalizou o domingo cunha exhibición da nova promesa do motociclismo galego Yael#7 e unha sesión vermut.