Catalina González: "Si alguien piensa que va a quitar a esta alcaldesa por la puerta de atrás, que sepa que ha pinchado en hueso"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A alcaldesa de Sanxenxo compareceu ante a prensa apoiada por todos os concelleiros do grupo de goberno para lanzar unha mensaxe: "No existe ningún tipo de corrupción en el urbanismo de Sanxenxo".
"Lo primero que quiero deciros bien alto y bien claro que no hay un solo papel que lleve mi firma en Urbanismo, en el que detrás de esa firma haya un cohecho, o un trafico de influencias o un trato de favor ni mucho menos una prevaricación", arrincou a alcaldesa de Sanxenxo na súa rolda de prensa.
O xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados citou a, polo menos, seis técnicos relacionados coa xestión urbanística no Concello de Sanxenxo. Terán que prestar declaración na sede xudicial.
A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González Bea, atópase imputada neste caso xunto ao ex concelleiro de Urbanismo, Ángel Casal, o arquitecto municipal, o aparellador e outros técnicos da Xerencia de Urbanismo, así como a ex avogada do departamento Soledad Leiro.
Catalina González insistiu en que desde o 20 de decembro do ano 2006 en que ocupa a alcaldesa de Sanxenxo e polo tanto a responsabilidade máxima do urbanismo "mi mandato a los técnicos y a los políticos ha sido la extrema pulcritud de todos los informes y el exhaustivo conocimiento de todos los expedientes".
A alcaldesa está citada a declarar o próximo día 29 ás 9:00 horas e dixo estar "muy dolida" e confesou que "me han hecho un daño personal que es irreparable" e advertiu desafiante que "si alguien piensa que va a quitar a esta alcaldesa por la puerta de atrás, que sepa que ha pinchado en hueso", declarou tras mostrar toda a súa colaboración coa xustiza.
"En cuanto todo esto se resuelva veremos cual es la actitud que vamos a tomar contra algunas personas que lo único que tienen contra este ayuntamiento es que en su momento han pretendido unas licencias de forma irregular y se las han denegado", sinalou.
"Yo tengo muy claro que hay mucha gente a la que le ha molestado que yo le haya apartado del urbanismo en este ayuntamiento"
Dito isto Catalina González indicou que non cre que isto sexa unha vinganza persoal "yo tengo muy claro todo lo que está pasando y quien está detrás" e precisou "si cogemos las reuniones que hubo en el partido cuando se peleaba y se discutía si yo debía o no ser la candidata en el año 2011 pues al final siempre nos salen las mismas caras detrás. Y yo tengo muy claro que hay mucha gente a la que le ha molestado que yo le haya apartado del urbanismo en este ayuntamiento, entiendo que hay gente muy interesada en volver y no creo que sea una venganza personal, más bien es una venganza interesada, sin lugar a duda, de quien quiere sacarme de en medio sea como sea para poder gestionar el urbanismo de Sanxenxo".
E por si quedase algunha dúbida, Catalina González precisou "a mi me sorprende que no esté ni siquiera citado como testigo Francisco Villaverde" que era o concelleiro de Urbanismo cando se deron as primeiras licenzas dos expedientes que investiga o Xulgado de Cambados.
A propia Catalina González informou na súa comparecencia que nada máis coñecer a imputación telefonou o presidente provincial, Rafael Louzán, e puxo o seu cargo a disposición do Partido Popular. "Agradezco que no se haya tenido en cuenta", dixo.
Relacionadas:
-
Catalina González solicita ao Xulgado o sobresemento da súa causa por presuntas irregularidades urbanísticas
Por Redacción |
-
Catalina González, imputada por prevaricación urbanística, suborno e tráfico de influencias
Por Redacción |
-
A oposición lamenta que a imputación da alcaldesa "ensucie" a imaxe de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
VIPS mostra o seu apoio á alcaldesa de Sanxenxo trala súa imputación por irregularidades urbanísticas
Por Oskar Viéitez |
-
Encarnación Rivas, Secretaria xeral de Urbanismo, tamén imputada polas investigacións urbanísticas en Sanxenxo
Por Redacción |
-
O Xulgado cita a declarar a técnicos e políticos relacionados coa xestión urbanística de Sanxenxo
Por Redacción | Creada e actualizada