Unha cría de cirrio, a "visita especial" do día na Subdelegación do Goberno
Por Oskar Viéitez
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra tivo este martes unha "visita moi especial": unha cría de cirrio.
Foi a propia subdelegada, Maica Larriba, a que compartiu esta anécdota en Twitter xunto a unha fotografía do pito na que explicaba que "en su intento de volar acabó en un despacho".
A calor puido ser o motivo levou a este pequeno cirrio a saír do seu niño. Os ocos dos edificios onde estas aves forman os seus niños quéntanse co sol converténdose en fornos leva ás crías para tratar de saír e moitas se precipitan.
Maica Larriba expresou o seu agradecemento ao Centro de Recuperación da Fauna da Xunta de Galicia "por su rápida respuesta".
Sobre esta especie protexida por lei, SEO BirdLife explica que é un ave similar á andoriña, aínda que o cirrio é algo máis pequeno, voa máis alto e ten unha plumaxe completamente negra. A súa dieta é a base de insectos. Localízase habitualmente en núcleos urbanos, voando de forma incansable a gran velocidade. Pasa a maior parte da súa vida no aire, e unicamente véselle pousado cando entra ou sae do niño. Dorme tanto no niño como en voo.