Pontevedra e Marín asinan a paz polo conflito do subministro de auga ao porto
Por Redacción
Pontevedra e Marín chegaron a un acordo para solucionar o conflito polo subministro de auga ao porto. Segundo informou o portavoz do goberno municipal, Raimundo González, tras anos de desencontros e recursos xudiciais, ambos concellos alcanzaron unha solución definitiva, cuxos datos concretos coñeceranse a finais desta semana. "Só queda por comprobar e revisar os datos", sinalou o concelleiro nacionalista.
Este convenio regulador determina que o Concello de Marín será o encargado de abastecer de auga ao porto, colléndoa da rede xeral que chega desde Pontevedra. Marín, á súa vez, entregará a Pontevedra o diñeiro que lle ingresen as empresas do porto por este concepto. Ademais, quedará saldada a débeda que Marín tiña con Pontevedra polo subministro impagado durante estes últimos anos, en virtude dun prezo consensuado entre ambos.
Con este acordo político, "fírmase a paz", segundo Raimundo González, e se normalizan as relacións entre os dous municipios, entre os que "sempre houbo vontade de chegar a acordo". Regularizarase ademais a auga destinada a zonas industriais, actuais ou futuras, e que segundo o goberno municipal capitalino "non se regulou nunca".
Relacionadas:
-
Os socialistas de Marín advirten de que levarán ao Xulgado o acordo da auga con Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Fin á 'guerra da auga' entre Pontevedra e Marín
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Pontevedra agarda que en novembro peche un acordo político sobre o canon da auga con Marín
Por Redacción |
-
Pontevedra e Marín amosan a súa vontade de resolver o conflito do subministro de auga ao Porto
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello acusa ao Porto de actuar con "mala fe e deslealtade" con respecto ao subministro de auga
Por Alejandro Espiño |