Amizade denuncia o mal estado da cadeira anfibia na praia de Portocelo
Por Redacción
A praia de Portocelo, en Marín, é un dos poucos areais da comarca con ramplas de acceso, aseos adaptados e cenador para persoas con mobilidade reducida.
Conta ademais co servizo de cadeira anfibia para facilitar o baño, pero a Asociación Amizade denuncia públicamente o "mal estado" no que se atopa esta cadeira que "está apartada" xa que non é "apta para o seu uso".
A pesares de telo solicitado en varias ocasións por parte de persoas demandantes deste servizo, desde esta asociación lamentan que "sen facerse ningún tipo de cambio".
Desde Amizade solicitan ao Concello de Marín que subsane esta deficiencia canto antes e poña a disposición das persoas con mobilidade reducida unha cadeira apta para o baño e desfrute, "garantindo así a igualdade de oportunidades para todas as persoas".
Relacionadas:
-
Marga Caldas estuda con Amizade as actuacións a realizar para garantir unha mobilidade sen barreiras en Poio
Por Redacción |
-
Amizade aborda co alcalde de Poio a accesibilidade dos edificios municipais
Por Redacción |
-
Denuncian a "desesperante espera" das persoas con discapacidade para ter unha valoración axeitada
Por Oskar Viéitez |