Posta a punto dos centros educativos de Sanxenxo
Por Redacción
A Concellería de Educación de Sanxenxo iniciou como cada verán os traballos de mellora e mantemento que necesitan os centros educativos do municipio de cara ao novo curso, co obxectivo de mellorar as condicións nas que estudan os alumnos.
Así, tras preguntar a cada centro e á escola unitaria as súas necesidades, operarios municipais de Obras e Servizos iniciaron os traballos no CEIP de Nantes coa construción dunha caseta exterior situada en patio para almacenar xoguetes e ferramentas de horta. Tamén está previsto o pintado do muro do patio de Educación Infantil.
No que respecta ao CEIP Magaláns está previsto realizar unha ampliación do escenario e colocarase tarima na aula de música. Tamén se realizará a limpeza dos canlóns e pintaranse as fachadas do edificio principal.
No CEIP Telleiro realizarase unha reposición do peche perimetral do colexio e do valo da zona de xogos infantís.
No CEIP Portonovo procederase á reposición de paneis e portas nas aulas de relixión, música e sala de exposicións; realizaranse unha reforma do baño de Educación Infantil e un cambio de tubaxes. Tamén se colocarán cortizas en distintos espazos.
No CEIP da Florida mellorarase os dispositivos de seguridade coa instalación de sensores, pintaranse os muros do centro e instalaranse puntos de rega en diferentes zonas do centro.
Na EEI Aios realizarase o pintado exterior da escola.
Ademais destas obras, en cada centro realizaranse traballos menores de mantemento como pintado de aulas, arranxo de persianas e canlóns, así como subministración de material eléctrico e de fontanería.
O orzamento total destas actuacións ascende a 62.135 euros.
Relacionadas:
-
As escolas infantís de Sanxenxo pechan o prazo de matriculación con listas de espera en dous cursos
Por Redacción |
-
A Xunta avalía coa comunidade educativa as futuras melloras no colexio A Florida
Por Redacción |
-
Renovan o peche perimetral do colexio do Telleiro
Por Redacción |
-
En marcha as obras de reforma eléctrica no colexio do Telleiro
Por Redacción |
-
As aulas de Sanxenxo ábrense para recibir 2.084 escolares
Por Redacción |