A Xunta acometerá obras por 389.000 euros no colexio de Viñas
Por Redacción
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, vai impulsar de inmediato a modernización e dotación de maior eficiencia enerxética ao CEIP Viñas, en Poio, cun investimento de 340.000 euros para o cambio das súas carpintarías exteriores e de 49.000 euros para a reforma dos aseos do centro educativo.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde, Luciano Sobral, o xefe territorial de Educación César Pérez, e outros representantes municipais e educativos, informou do próximo comezo destas obras, para o seu desenvolvemento durante os meses centrais do verán, nunha visita a este colexio público.
Ambas actuacións, que xa están adxudicadas e pendentes da data de inicio, consistirán na substitución de todas as fiestras e portas exteriores, así como a reforma completa dos aseos, co obxectivo de mellorar as condicións interiores do edificio e facilitar o desenvolvemento da actividade lectiva.
O representante autonómico indicou que "esta actuación vai mudar por completo o estado do centro, o seu illamento térmico e interior para que as instalacións sexan plenamente confortables para as preto de cen persoas que conforman a súa comunidade educativa e que ademais desenvolven numerosos procedementos pedagóxicos innovadores que merecen o noso esforzo".
Relacionadas:
-
O colexio de Viñas xa é enerxeticamente eficiente
Por Redacción |
-
Xa está operativo o aparcadoiro disuasorio nas proximidades do CEIP Lourido
Por Redacción |
-
Poio apura os traballos nos colexios antes do inicio do curso escolar
Por Redacción |
-
Unha exposición recolle imaxes de Combarro na prensa local
Por Redacción |
-
Habilitan un segundo aparcamento público no Camiño Real de Combarro
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Mobilizan o helicóptero de Salvamento para rescatar un menor atrapado na Illa dos Ratos, en Poio
Por Diego Espiño |