O BNG chama a saír á rúa en defensa da sanidade pública na Lama
Por Redacción
O BNG convocou para esta fin de semana unha concentración en defensa da sanidade pública en A Lama. A protesta está prevista para este sábado 30 de xullo ás 13 horas diante do centro de saúde do municipio.
O portavoz municipal do BNG, Jesús Fortes, anunciou a concentración este venres e insistiu en que "a humillación á que está sometendo o Sergas á veciñanza de A Lama supera todas as liñas vermellas".
Desde a formación nacionalista animan a toda a veciñanza a manifestarse para "deixarlles claro ao PP e ao Sergas que non imos permitir que continúen a xogar coa saúde das nosas veciñas e veciños".
Relacionadas:
-
Comezan as reparacións do chan e humidades no centro de saúde da Lama
Por Redacción |
-
O BNG sitúa na área sanitaria pontevedresa a "zona cero" do "colapso" da sanidade e pide á Xunta un reforzo
Por Natalia Puga |
-
Advertencia do Consello Galego de Colexios de Médicos: "deixar só a un MIR nun PAC vulnera a lei"
Por Redacción |
-
Manifestación este domingo en Ponte Caldelas ante a "insostibilidade do centro de saúde"
Por Redacción |