Manifestación este domingo en Ponte Caldelas ante a "insostibilidade do centro de saúde"
Por Redacción
Chamamento en Ponte Caldelas para que todos os veciños do municipio e dos concellos da contorna acudan á manifestación "en defensa da sanidade pública do municipio" convocada para este domingo 31 de xullo ás 12:00 horas.
Convocada polo goberno local e encabezada polo alcalde Andrés Díaz ante a "insostibilidade do centro de saúde do municipio", a protesta partirá desde a casa consistorial e percorrerá varias rúas, rematando na Alameda de Ponte Caldelas.
Díaz lamenta a escaseza de sanitarios no centro, que pasou de ter tres médicos de familia e un pediatra, que atendía todos os días, a ter a día de hoxe un só médico de familia atendendo a un municipio de 5.577 persoas e que non para de medrar en poboación.
"Estamos fartos de desplantes, de excusas e de promesas incumpridas", indica o alcalde de Ponte Caldelas, que asegura que os veciños están cansos de poñer follas de reclamacións e queixas que non chegan a ningún porto.
Desde o goberno municipal consideran a situación unha "auténtica vergoña" e reclaman que a veciñanza se sume a manifestación para "evidenciar o descontento cun tema tan sensible como é a saúde e a atención sanitaria".
Trátase dun "dereito básico e imprescindible co que non se pode xogar e que xa non soporta máis recortes", destacaron, e recalcan que esta "delicada situación tamén se fai notar no PAC da Parda, que atende ós veciños de Ponte Caldelas, e no Hospital Montecelo, onde a situación nas últimas semanas está a ser insostible tamén".
Relacionadas:
-
Alta participación na marcha en defensa da sanidade pública en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O BNG chama a saír á rúa en defensa da sanidade pública na Lama
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas sairá á rúa pola situación "insostenible" do centro de saúde
Por Redacción |
-
"Xa non podemos máis", cinco sindicatos da Xunta de Persoal da área sanitaria de Pontevedra-Salnés dan un ultimato
Por Redacción |
-
Continúa o "colapso" en Urxencias de Montecelo, con dous pacientes esperando ingreso de venres a luns
Por Redacción |
-
A falta de médicos en cinco PAC da área sanitaria satura os servizos de urxencias
Por Oskar Viéitez |
-
O centro de saúde de Raxó, un "símbolo" da xestión "caótica e nefasta" da sanidade galega
Por Alejandro Espiño |
-
Xornada de colapso no PAC da Parda
Por Diego Espiño |
-
Plataforma única e itinerarios peonís para o ámbito do centro de saúde de Ponte Caldelas
Por Redacción |