A falta de sanitarios e a sobrecarga de traballo provoca "erros" nos diagnósticos, denuncia SOS Sanidade Pública
Por Manu Otero & Cristina Saiz
A falta de profesionais, a saturación das Urxencias ou as interminables listas de agarda son os principais motivos que levaron á Plataforma SOS Sanidade Pública a manifestarse este luns na contorna do Hospital Montecelo.
Ataviados con pancartas e ao berro de "sanidade pública", o colectivo veciñal pronunciouse en contra da privatización deste servizo e reclamou un maior investimento en recursos para ofrecer unha sanidade de calidade e unhas condicións de traballo dignas para todos os profesionais.
"Hai falta de médicos, de persoal de enfermería, de materiais, longas esperas...", enumeraba ás portas do Servizo de Urxencias do hospital pontevedrés o portavoz do colectivo, Juan Manuel Loureiro. Sen embargo, o persoal de seguridade obrigou aos manifestantes a abandonar o lugar e exercer o seu dereito fóra do recinto hospitalario.
Neste sentido e despois de recibir as queixas dos sanitarios, o portavoz asegura que "debido á tensión que están a soportar están a ter moitos máis erros nos diagnósticos. Isto é moi grave", remarca Loureiro, denunciando as "xornadas maratonianas" que soportan os profesionais e o escaso tempo que poden dedicar a cada paciente.
Para tratar de atopar unha solución a este conflito, desde SOS Sanidade Pública teñen solicitada unha reunión co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, desde o 8 de xullo. Con todo, aínda non recibiron resposta.
As causas do mal funcionamento deste servizo redúcenas os protestantes a dous. Ou ben "van cara a privatización" ou "son incompetentes totais", sinala Loureiro facendo fincapé en que "a xente non se xubila dun día para outro, a Xunta sabe desde hai tempo cando vanse xubilar vos seus traballadores".
Para ilustrar a problemática, desvela Loureiro que no ambulatorio Virxe Peregrina só hai oito médicos, cando debería haber 17. Algo similar ocorre tamén no centro de saúde de Lérez e noutros centros médicos da cidade. Tampouco consideran que sexa unha solución válida atraer médicos, como ocorreu este verán en Sanxenxo, ofrecéndolle aloxamento gratuíto. "Non pódese mercadear coa vivenda", denuncian.
Sobre o proceso de negociación que teñen aberto Sergas e os principais sindicatos do sector, desde SOS Sanidade Pública "apoiamos todo acto que se faga para defender a sanidade, pero dicimos que non vaian contra o xerente, que é só unha peza maís, isto vén de moito máis arriba", remata Loureiro sinalando ao conselleiro Xulio García Comesaña.
Relacionadas:
-
SOS Sanidade Pública O Salnés convoca unha manifestación comarcal en outubro polas rúas de Vilagarcía
Por Redacción |
-
Imposible conseguir cita médica no centro de saúde de Baltar
Por Redacción |
-
Ponte Sampaio queda sen médico no centro sanitario en agosto ata que se atope un suplente
Por Redacción |
-
A veciñanza de Moraña mobilízase contra a falta de médicos no centro de saúde
Por Redacción |
-
Destitúen a José Ramón Gómez e nomean a José Flores como novo xerente da área sanitaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas anuncia aos sindicatos cambios no equipo directivo da Xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
A enfermería galega poderá dispensar medicación sobre queimaduras, diabetes ou hipertensión a partir do outono
Por Redacción |
-
Alta participación na marcha en defensa da sanidade pública en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Os sindicatos piden á Xunta o cesamento da xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
A falta de médicos en cinco PAC da área sanitaria satura os servizos de urxencias
Por Oskar Viéitez |
-
A xerencia habilita todas as camas pechadas na área sanitaria
Por Oskar Viéitez |