Ponte Caldelas viaxa no tempo cunha concentración de Seat 600
Por Redacción
A Alameda de Ponte Caldelas será escenario o vindeiro domingo 7 de agosto dunha xornada con certa nostalxia, a que achegarán ata 70 coches clásicos.
Non serán en todo caso uns vehículos calquera, senón os míticos Seat 600, tan ligados á historia de España.
Desde as 12.00 e ata as 13.30 horas estes turismos clásicos concentraranse no centro de Ponte Caldelas, chegados desde Asturias, Córdoba, Tordesillas, Toledo, Málaga ou Almería.
En total na concentración participarán 15 clubs de Seat 600 de diferentes puntos da xeografía nacional.
"Os Seat 600 que estarán este domingo en Ponte Caldelas son dos anos 60 e principios dos 70", explicou na presentación do evento Alfonso Lemos, presidente do Club 600 Arcade, acompañado do alcalde, Andrés Díaz.