As festas de Portonovo contarán co DJ Kiko Rivera e a cantante Soraya Arnelas
Por Redacción
Portonovo inicia a conta atrás para celebrar unhas festas patronais. As atraccións volverán ao recinto portuario desde o 12 ata o 21 de agosto e con elas os concertos, as verbenas e a animación nas rúas.
A Comisión de Festas San Cristóbal de Portonovo e o Concello de Sanxenxo xa teñen lista a programación para honrar a San Roque, A nosa Señora e á Virxe do Carmen na vila mariñeira.
A actividade festiva comezará este domingo coa subida dos santos da capela de Portonovo á igrexa de Adina. Aí permanecerán hermanándose as nove imaxes ata o día 15 de agosto. Ese día tras a celebración litúrxica e procesión en Adina en honra á nosa Señora, volverán baixar os santos á capela de Portonovo.
Pola noite desse 15 de agosto, o recinto portuario acollerá a tradicional verbena, a partir das 23 horas, coa orquestra Olympus e, a continuación, actuará o DJ Kiko Rivera con numerosas sorpresas para os asistentes.
O 14 de agosto, ás 13 horas, o recinto portuario acollerá a Sardiñada Popular na que se repartirán máis de 500 quilos de sardiña e viño de balde entre os asistentes. Ás 23 horas, terá lugar o Festival de Danzas do Mundo no que se realizará unha demostración de todo tipo de bailes.
O 16 de agosto, coincidindo coa celebración de San Roque, pola mañá celebrarase o tradicional encontro de imaxes da capela de Portonovo e a igrexa de Adina no lugar da Ponte. Ás 13 horas, a Casa de Don Fernando acollerá a actuación da Banda de Música de Meaño. Ás 19 horas haberá música e procesión na capela de Portonovo. A partir das 23 horas, a verbena correrá a cargo da orquéstra Cubo e, a partir das doce da noite, realizarase a tradicional tirada de fogos de artificio. Tras os lumes, actuará a exconcursante de Operación Triunfo Soraya Arnelas.
O 17 de agosto, Día do Carmen, a banda de Música de Redondela ofrecerá un concerto na contorna da capela de Portonovo, ás 13 horas. Ás 19 horas, celebrarase a tradicional misa e procesión. Ás 23 horas, a verbena correrá a cargo da orquestra Cinema e dun grupo de mariachis.
O broche final á actividade festiva será o 18 de agosto co Día do Can. Ás 17 horas realízanse xogos tradicionais no porto (carreiras de sacos, carretillas, pau de sebo, carreira de botes…)
Tras concluír os xogos, ao redor das 20:30 horas, realizarase o popular desfile de cans no porto. Un concurso no que se premiará con 150, 100 e 50 euros aos mellores disfraces e posta en escena. A inscrición na proba realízase no mesmo día. Ás 22:15 orquestras Tango de Vigo e o Combo Dominicano poñerán o final de festa da programación.
Relacionadas:
-
Kiko Rivera fai bailar a Portonovo
Por Redacción |
-
Unha hora diaria sen ruído nas festas de Portonovo
Por Redacción |
-
O PSOE reclama para Sanxenxo un "evento de categoría" para a programación de verán
Por Redacción |
-
Os socorristas das praias de Sanxenxo tiveron 6.722 intervencións en xullo
Por Redacción |
-
As oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo atenderon en xullo a 2.332 persoas
Por Redacción |