O Pleno da Deputación aprobará este venres os seus orzamentos
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra destina, nos presupostos que este venres serán aprobados inicialmente, a cantidade de 93,4 millóns de euros para inversións nos concellos da provincia.
A citada cantidade desglósase en dous grandes capítulos. Dunha banda, os investimentos xestionados para concellos procedentes da incorporación de remanentes da institución provincial supoñen 51,7 millóns. E, por outra, a cantidade procedente de gastos correntes para concellos, investimentos e transferencias supoñen a cantidade de 41,7 millóns.
Nos investimentos derivados da incorporación de Remanentes, destacan 12,4 millóns para estradas provinciais, 9,7 para o Plan de Investimentos, 11,5 para desenvolver os proxectos municipais de DepoGap e DepoTic (a implantación da Administración Electrónica), 12,8 millóns para o Plan de Obras e Servizos Municipais e 4,9 para instalacións deportivas e recreativas.
Pola súa banda, os investimentos xestionados pola Deputación para os concellos acadan a cifra de 26,4 millóns. Neste capítulo destacan melloras, proxectos e expropiacións en estradas provinciais (10 millóns), instalacións recreativas e de ocio (2,5) e obras en concellos (12,5 millóns). A cantidade restante (1,4 millóns) son inversións relativas a temas medioambientais, arqueoloxía e turismo.
Finalmente, os presupostos da Deputación de Pontevedra inclúen 15,3 millóns para gastos correntes e transferencias para investimentos municipais en capítulos como servizos comunitarios básicos (2,2 millóns), Plan de Emprego (3,2), actividades (1), grupos de emerxencias, obras municipais, conservatorios, escolas de música, e outros.
Relacionadas:
-
O goberno provincial asegura que a Deputación cumprirá o seu obxectivo de 'Débeda Cero' no horizonte do 2018
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación reduce o seu orzamento para 2014 e decide priorizar investimentos e plans de emprego
Por Redacción |
-
O orzamento da Deputación para o ano que ven ascenderá a 146 millóns de euros
Por Redacción |