Os festexos continúan este luns co concerto de Coque Malla ou o espectáculo de Rock Circk
Por Redacción
A Boa Vila xa celebra as tan esperadas Festas de Peregrina. Tras o existoso concerto dos Planetas e de Zahara, este luns continuará o ambiente, o ocio e a cultura nas prazas da cidade.
Rock Circk actuará ás 21:00 na praza da Ferraría presentando un espectáculo circense aderezado con punteos de guitarra eléctrica, redobres de batería estrambóticos, desgarbados voos, equilibrios esperpénticos e melenas ao aire que se desenvolve nunha peculiar estrutura aérea autónoma. Se desenvolve cunha linguaxe corporal, expresivo e musical, cheo de humor, onde a sorpresa e o risco non nos deixarán quitar atención.
Doutra banda, ás 22.30 horas, Coque Malla fará súa a praza do Concello. O madrileño saltou á fama logo de exercer como líder e cara máis visible dos Ronaldos, entre os anos 1987 e 1998. Desde aquel intre, mantivo unha carreira en solitario de éxito, ben coñecida polos seus directos e a súa capacidade para mesturarse con outros estilos alén do rock e o pop, amais de amosarse como un músico solvente e capacitado no escenario. O seu último disco editado foi El Astronauta Gigante, obra que viu a luz a finais do ano pasado.
Ademais dos concertos, o ambiente festivo poderá vivirse en cada espazo de Pontevedra. De feito, co fin de promover outras das actividades de peso para a cidade, ás 10:30 horas a Escola de Xadrez Pontevedra realizará unha exhibición na Avenida de Santa María, un xeito de promover este deporte, ao tempo que se fomenta a actividade a pé de rúa.
Haberá tamén pasarrúas a distintas horas da xornada da man da Charanga OT, Fervellos do Pío, ou o grupo de gaitas Os Alegres. Tamén está programado para as 19:00 horas o concerto da Banda de Música de Salcedo na Avenida de Santa María.
Pola súa banda, a cativada terá a oportunidade de gozar de xogos e tradicións populares a partir das 17:00 horas na avenida de Santa María, para logo poder ir até a praza da Curtidoira e ver a actuación de Barafunda Animación, co espectáculo Globotolo, ás 19.30 horas.
Ás 23:00 horas os pontevedreses terán unha cita obrigada na verbena de Montero Ríos e o espectáculo pirotécnico de Xaraiva entre a ponte do Burgo e a ponte de Santiago, espazo no que están a ser e serán os espectáculos deste tipo este ano.
Relacionadas:
-
Redúcese o número de peñas xuvenís pero aumentan os botellóns de adultos
Por Oskar Viéitez |
-
Música tradicional a través das voces con máis coñecemento
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
Resplandor na cidade con fogos proxectados desde unha nova lanzadeira
Por Diego Torrado & Redacción |
-
En noite de Perseidas triunfan Los Planetas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Galifunk Brass abre con ritmo vibrante os concertos da semana de Festas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
Carmen Salinero propón un reto no inicio da Peregrina: "Sentídevos como eu me sinto, orgullosa da nosa Pontevedra!"
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
As atraccións das Festas da Peregrina cortan ao tráfico as rúas San Roque e Alameda dúas semanas
Por Redacción |