San Roque recupera a súa procesión
O mal tempo non detivo este xoves 16 de agosto a popular procesión de San Roque, que tras uns anos afectada pola pandemia volveu a celebrarse con normalidade polas rúas da cidade.
A marcha partiu da Basílica de Santa María a Maior tras a misa de 20.00 horas, percorrendo a Rúa Ferreiros, Afonso XIII e Paseo de Colón ata chegar á capela de San Roque.
Acompañada de fieis, a imaxe do santo percorreu así as rúas da cidade nunha marcha que concluíu coa queima das tradicionais Madamitas.
Procesión de San Roque 2022
A comitiva percorreu a Avenida de Santa María, rúa dos Ferreiros, Afonso XIII, paseo de Colón e capela de San Roque, finalizando coa queima de Madamitas
© Cristina Saiz