Miles de persoas participaron na Festa Corsaria de Marín
Por Redacción
Marín vestíuse de corsario para conmemorar os fitos históricos de Juan Gago de Mendoza na segunda parte do século XVIII ante os ingleses, con máis de 70 mesas de particulares cun total de 1.400 participantes e ao redor de 50 locais de hostalería que participarán na celebración da Festa Corsaria.
As zonas para a instalación de mesas máis demandadas foron o Parque Eguren, Lameira, Fondo do Saco, Rúa Real e Rúa do Sol.
O programa, levou paralelamente un amplo dispositivo de tráfico, que tenta evitar grandes impactos no tráfico rodado, dándolle importancia aos viandantes.
Un total de 50 expositores encheron de colorido esta nova edición onde estiveron presentes unha gran diversidade de gremios e onde a presenza de expositores locais foi importante.
Tamén houbo talleres de esgrima e tiro con arco, un desfile temático sobre a invasión inglesa e unha exhibición de aves. Ademais dun espectáculo infantil de acrobacias na Alameda e o combate tradicional, que incluíu o torneo teatral de esgrima na Praza de España.
A xornada rematou co broche final do Festival DJs on Camiño na Praza de España, con David Expósito, Hugo Leivas e Dave Silva que convertiron a Praza de España na macrodiscoteca móbil, con acróbatas de lume e aéreos.
Relacionadas:
-
Establecen requisitos para a hostalería con terraza na zona da Festa Corsaria
Por Redacción |
-
O 26 de xullo abre o prazo para solicitar mesas para a Festa Corsaria
Por |
-
Marín cifra en 1.500 comensais os que gozaron dunha exitosa Festa Corsaria
Por Redacción |
-
Esta fin de semana Marín celebra a súa Festa Corsaria
Por Redacción |
-
O prazo para solicitar mesas na Festa Corsaria de Marín conclúe o 15 de agosto
Por Redacción |
-
A Festa Corsaria regresará a Marín o 19 e o 20 de agosto
Por Redacción |