O 26 de xullo abre o prazo para solicitar mesas para a Festa Corsaria
Por
O vindeiro mércores 26 de xullo abrirá o prazo para solicitar a instalación de mesas durante a celebración da Festa Corsaria deste ano 2023, prevista para o día 19 de agosto en Marín.
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, presentaron este xoves o cartel desta nova edición e adiantaron que o prazo para poder solicitar a instalación de mesas na rúa estará aberto ata o 11 de agosto.
A concelleira explicou que durante esta edición, como nas anteriores, "respectaranse os espazos que ocupou xente tradicionalmente coas súas mesas", pero hai "espazo de sobra" e poden solicitarse as que se queiran.
O obxectivo da festa este ano é "seguir crecendo, consolidarse e achegar cada ano algo novo e distinto para que as persoas que repiten gocen sempre de algo máis".
Este ano, hai "novidades preparadas", entre elas, unha nova localización para o espectáculo nocturno, de xeito que poida verse con máis comodidade.
A Festa Corsaria é xa desde hai anos unha data referente no calendario festivo de Marín e de toda a provincia. A historia e a figura de Gago de Mendoza e dos seus corsarios servirá de novo de fío condutor.
Relacionadas:
-
Unha Festa Corsaria máis grande que os elementos
Por Cristina Saiz & Diego Espiño |
-
Marín destina 75.000 euros á Festa Corsaria, unha cifra que o Concello ve "moi contida"
Por Redacción |
-
Marín quenta motores para unha Festa Corsaria "moi intensa e pensada para todo o mundo"
Por Redacción |
-
Establecen requisitos para a hostalería con terraza na zona da Festa Corsaria
Por Redacción |
-
Máis aparcamento, bus nocturno e puntos violeta para as festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
Inxección de 75.000 euros do Plan Concellos para a Festa Corsaria de Marín
Por Natalia Puga |
-
Marín cifra en 1.500 comensais os que gozaron dunha exitosa Festa Corsaria
Por Redacción |
-
Miles de persoas participaron na Festa Corsaria de Marín
Por Redacción |