Máis aparcamento, bus nocturno e puntos violeta para as festas do Carme de Marín
Por Redacción
O Concello de Marín xa ten todo preparado de cara á celebración das Festas do Carme. Unha celebración para a que o goberno local ten previsto habilitar novos espazos de aparcamento no Porto, ampliar os horarios de autobuses entre Pontevedra e Marín dos días 13 ao 16 de xullo en horario nocturno e instalar puntos violetas nas datas máis sinaladas.
Neste último apartado, nos eventos de maior envergadura, haberá Puntos Violeta coa finalidade de loitar contra a violencia machista, habilitando un espazo seguro para as mulleres, ao que poderán acudir en caso de calquera situación que desexen compartir ou denunciar e tamén con información divulgativa relevante en contra de comportamientos contrarios á igualdade de xénero e á protección das mulleres.
Habilitaranse o 7 de xullo, durante o concerto de Abraham Mateo; o 8 de xullo, polo Marín Dance Festival; o 12 de xullo, co Combo Dominicano; o 13 de xullo, polo espectáculo da París de Noia; o 14 de xullo, durante o concerto de Furia Joven; o 15 de xullo, coa orquesta Galilea; o 16 de xullo, coa Orquesta Kubo, e finalmente de cara a agosto, o día 16 pola Festa Corsaria.
Coa fin de que estas festas sexan igualitarias e inclusivas para todos e todas, o Concello limitará tamén acústicamente as atraccións para que os nenos e nenas con discapacidade poidan desfrutar do mesmo xeito cos demáis. Desta maneira, as emisións acústicas acústicas deberán limitarse ata as 21 horas.
Por outro lado, este mércores a alcaldesa de Marín, María Ramallo, realizou unha visita institucional á Escola Naval Militar para reunirse co comandante director Pedro Cardona Suanzes, co fin de marcar o inicio do novo mandato municipal e poder así repasar e retomar as actividades e actos que frecuentemente implican a ambas institucións.
O máis cercano e quizáis un dos máis emblemáticos é a xura polo Día do Carme, que este ano terá algunha particularidade distinta á dos anos anteriores xa que o centro castrense está levando a cabo unha serie de obras de mellora en pantaláns, na explanada principal e nos edificios.
“Sabemos que é un día importante tanto para a Escola como para Marín. Entendemos que a ENM é o noso centro universitario por excelencia, un Campus que a moitos outros lugares lles gustaría poder desfrutar e o Día do Carme é como unha graduación daqueles que inician unha nova etapa como oficiais”, explicou a alcaldesa.
A unión entre a ENM e o Concello tamén é plausible nalgunhas das obras de rexeneración urbana que se van levar a cabo nos lindes entre o municipio e a institución militar, como por exemplo a humanización da Rúa do Forte, financiada en parte cos fondos do Plan de Sostibilidade Turística, a través do cal o Concello recibirá 2 millóns de euros.
Ademais, durante a súa reunión, Ramallo e Cardona estudaron a posibilidade de aumentar a frecuencia das visitas guiadas que se realizan na Escola, dun xeito similar á xornada de portas abertas que se organiza coa chegada do Buque Juan Sebastián Elcano, que nesta ocasión arribará o día 12 de xullo.
Relacionadas:
-
O 26 de xullo abre o prazo para solicitar mesas para a Festa Corsaria
Por |
-
Indignación no PSOE de Marín despois de que na verbena do venres a orquestra coreara "Que te vote Txapote"
Por Anxo Lourido |
-
As Festas do Carme de Marín xa presumen de Juan Sebastián de Elcano
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Maxia Disney, música e iluminación para a Batalla de Flores nocturna de Marín
Por Redacción |
-
En Marín si es o fillo de Pichichi, es Pichichi "pequeno"
Por Oskar Viéitez |
-
O Juan Sebastián Elcano visitará Marín polas festas do Carme
Por Redacción |
-
Marín busca nenos e nenas para as carrozas da tradicional Batalla de Flores
Por Redacción |
-
Novo aparcadoiro público gratuito para 45 prazas na rúa República Arxentina
Por Redacción |
-
O xornalista Javier Casal será o pregoeiro das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |